sábado, julio 24, 2010

A taberna da Illa do Tesouro



Nunha pequena ensenada protexida por varias montañiñas hai un apeadeiro onde os barcos que navegan polo Caribe aproveitan para botar un trago, comer algo en terra, relacionarse con outros navegantes ou simplemente pasala noite guarecidos das tormentas.

Onte nós tamén nos achegamos a taberna Foxys Taboo, non é a famosa Foxys, na que moitas celebridades veñen no nadal a recibir o ano novo, pero é un interesante lugar onde os piratas modernos se achegan na súa travesía polas Illas Vírxines Británicas. Alí fumos nas nosas canoas logo de moito remar. A Mariña e o Antón, seguros cos seus salvavidas, animaban o noso remar ata convertilo nunha competición.

Hoxe se o tempo se mantén iremos nas nosas canoas ata a illa de Sandy Spit, unha pequena illa de 100m2 de area e palmeiras, no medio do mar, unha plataforma de area para bañarse. A travesía dura perto de media hora pero todos dín que merece moito a pena. A illa da foto que publiquei onte. Alí pasaremos o día. Maña contarei como nos foi. Adianto que non vai quedar unha soia illa sen conquistar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Puritita envidia es lo que tenemos en Barcelona. Paula