sábado, julio 31, 2010

Unha ollada a intevención do home na paisaxe



A asociación de Turismo Rural da Ribeira Sacra Ourensá, que agrupa dende casas rurais, que dan habitacións individuais, ata apartamentos e casas que se alugan completas e é unha mostra bastante amplia da oferta hoteleira da Ribeira Sacra, ven de producir un exposición moi ambiciosa culturalmente que leva por título “Os que habitan en nós”, comisariada por Sabela López Pato.

A exposición estará no castelo do Castro do 5 de agosto ao 31 de octubre deste ano. A inauguración será o xoves día 5 de agosto ás 17h. Espero poder vela a finais de agosto, se me podo achegar ata o Castro. Parece unha moi boa iniciativa e hai que felicitar aos directivos da asociación Turisacra (Adolfo, Nini e Manolo…) representates da pequena industria turística en alza que ten que apostar pola calidade como obxetivo que pode axudar as institucións locais a xerar contidos culturais como esta iniciativa.

Dín os seus organizadores que “ A Ribeira Sacra, como toda Ga¬licia, foi, cando menos desde a Idade do Ferro, unha área xeo¬gráfica marcadamente agraria. As sociedades campesiñas que a habitaron deixaron a súa pegada. Os aterrazamentos, os socalcos e os cómaros labrados nas abas do canón do Sil teñen a súa orixe na alta Idade Media e configuran unha arquitectura monumental á altura do Románico. A superviven¬cia da comunidade campesiña tra¬dicional ata os anos sesenta do s. XX permitiu que este patrimonio se conserve na actualidade, devolvéndonos a mirada e as mans de todos aqueles que o fixeron posible e habitan aínda hoxe dentro de nós. “

“Os que habitan en nós son todos os seus ecos, nas vides, nos castiñeiros, nos muíños, nos fornos, nos sequeiros, nas hortas, nas touzas, nas tapadas, nos lameiros, en América, na guerra, na represión, nos encoros, en Suíza, no gando, en nós.”

No hay comentarios: