miércoles, septiembre 01, 2010

Ana e Jose, 25 anos de matrimonio


Debaixo de un carballo de 100 anos, na aira da casa da Airexa, Ana Sotelo e Jose Pulido celebraron os 25 anos do seu matrimonio. Baixo a sombra protectora desta árbore, que según a aboa Matilde cando ela naceu xa estaba alí, este matrimonio cincuentón xuntou aos “Bilbirichos”, algún “Chiquito” e xente de Bóbeda para dar conta dun churrasco e outras viandas. Lástima que os brazos do xitano non fosen máis longos.

Coti, sentado no medio do matrimonio poñía espacio e freno a temperatura que ainda hai entre a da Airexa e o de Bóbeda. Cándido, ao fondo, que vive entre O Castro e Nova York e anda moi preocupado polas perdas na bolsa, saudaba en plan estatua da liberdade. Lola estaba moi leda na nova fase dos seus recuperados amores. A aboa Matilde miraba para todos, leda de ver a tanta familia xunta. O Domingo, que vive en Nova York, chegou a ter tres traballos e acabase de xubilar, decía que non sabía que facer con tanto tempo. O Pepe falaba da bravura dos seus bois e da súa sorpresa ante a prohibición dos toros en Catalunya. Jose facía un profundo análisis das razóns da ciudadanía catalana e remataba decíndo que eran sospeitosos de facelo soio por amolar, soio por amolar…

Romina estaba ausente e escondíase detrás de unhas gafas, ainda non fora a dormir. Miguel daballe duro ao churrasco facendo acopio de forzas para iniciar a carreira de arquitectura. Bene escoitaba atenta a Fabiola, Lucita e Ana que falaban da viaxe que van facer a principio de setembro ao interior da selva Peruana, a unha misión que se ocupa de atender a 300 nenos.

No hay comentarios: