domingo, septiembre 26, 2010

O Priorat, a Ribeira Sacra catalana


Na provincia de Tarragona, perto de Reus e do mar, atópase a comarca do Priorat, terra de viño, aceite e auga, como reza a publiciadade desta zona de Cataluña que ten moitas similitudes coa Ribeira Sacra.

Encoros, socalcos, viño, románico e lendas. A denominación de orixen do “Priorat”, con duas subzoas —Montsant e Priorat — gañou nestes anos prestixio e sona.



Lexos quedan os tempos do viño do Priorat como sinónimo de viño de mesa, con escaso prestixio.

Os seus viños, representados por multitude de marcas, entre elas a do cantautor Lluis Llach, alcanzaron agora gran prestixio e atópanse entre os máis valorados do país.



No fermoso pobo de Siurana, unha atalaia aparentemente inexpugnable, visitamos os resto do castelo onde os mouros resistiron ata o últjmo momento. Conta a lenda que a raiña moura, antes de ser atrapada polos cristians, galopou a gran velocidade saltando ao vacio. O seu corpo nunca se atopou, máis na pedra quedan as marcas do seu cabalo, que intentou frear.

No hay comentarios: