domingo, septiembre 26, 2010

O Priorat, a Ribeira Sacra catalana


Na provincia de Tarragona, perto de Reus e do mar, atópase a comarca do Priorat, terra de viño, aceite e auga, como reza a publiciadade desta zona de Cataluña que ten moitas similitudes coa Ribeira Sacra.

Encoros, socalcos, viño, románico e lendas. A denominación de orixen do “Priorat”, con duas subzoas —Montsant e Priorat — gañou nestes anos prestixio e sona.



Lexos quedan os tempos do viño do Priorat como sinónimo de viño de mesa, con escaso prestixio.

Os seus viños, representados por multitude de marcas, entre elas a do cantautor Lluis Llach, alcanzaron agora gran prestixio e atópanse entre os máis valorados do país.



No fermoso pobo de Siurana, unha atalaia aparentemente inexpugnable, visitamos os resto do castelo onde os mouros resistiron ata o últjmo momento. Conta a lenda que a raiña moura, antes de ser atrapada polos cristians, galopou a gran velocidade saltando ao vacio. O seu corpo nunca se atopou, máis na pedra quedan as marcas do seu cabalo, que intentou frear.

jueves, septiembre 16, 2010

O Caldelao C.F. mítico


Agora que O Caldelao C.F. renace con forza, impulsado polo Cuchú Baldonedo e o Carlos de Vilanova compre sacar esta foto de O Caldelao C.F. mítico, o Caldelao C.F. dos inicios. Son os felices oitenta. Alguén decidiu facer un campo de futbol no Texo, logo veu o noso equipo, moita forza e pouca técnica, pero algún partido gañamos, como non íamos a ter enerxía si entrenábamos a carón das torres de alta tensión. Canto pelo, que cores, que peiteados… é certo, houbo outro Caldelao da xeración dos sesenta, pero ises xogaban soio nos Remedios e algunha outra festa floral, de mítico nada.

domingo, septiembre 12, 2010

Reinventar as feiras



Hoxe “El País” publica unha foto moi fermosa que ilustra unha nova sobre a feira de Monterroso. A feira de Caldelas tamén tiña sona máis alá do seu ambito propio, era o punto de encontro de unha xeografía humán moi aislada, que aproveitaba as feiras para conectar co mundo. Parece que en Monterroso están a reflexionar sobre o presente, pasado e futuro destas feiras tan importantes para economía local, ata fai pouco. Un bo ejemplo a ter en conta por os caldelaos antes de que a nosas feiras morran completamente.

miércoles, septiembre 08, 2010

O Sil, a súa auga e o catamarán



Cos seus 17 encoros o Sil está prisioneiro na maioría do seu curso mostrandose dende fai anos cunha apariencia que non é a súa. Xa fai tempo que as augas están baixas e podese ver o seu antigo orixe, de rio máis modesto, cas súas estradas e pontes anegadas. Iberdrola anda facendo obras e por eso agora as augas están así, parece que os catamaráns non poden circular nestas circunstancias e están causando, según puiden escoitar polo Castro, moitos perxuicios a restaurantes, bares e casas rurais. Nas democracias modernas quen causa un perjuicio ten que reparalo, pero para iso hai que organizarse e ser forte ou parecelo, e ese é un camiño que hai que percorrer.

lunes, septiembre 06, 2010

Antón, entre a PSP, a DS e o novo curso



Antón cambiou a súa PSP por unha DS. Da súa relación con José, un novo amigo do Castro, saiu a firme convicción de que o futuro pasa pola DS. Antón insiste en que baixe de Internet de golpe 40 ou cincuenta xogos, coma fai todo o mundo, dí él, logo pregunta… que é iso de piratear..?. A foto está feita en Oaxaca nun fermoso patio dunha casa que da a rúa Alcalá, onde se atopa o restaurante Os Danzantes. Case se sente o chorro da auga que corre pola fonte.
Xa bule de novo a vida na Floresta, maña comenza un novo curso e as lembranzas de Oaxaca empezan a ser borrosas.

jueves, septiembre 02, 2010

Retrete sostible

Retrete con cisterna no exterior. Castiñeiriño,
Santiago de Compostela.

miércoles, septiembre 01, 2010

Muros vexetais

Muro de cactus no xardín botanico do Mosteiro de Santo Domingo en Oaxaca.

Ana e Jose, 25 anos de matrimonio


Debaixo de un carballo de 100 anos, na aira da casa da Airexa, Ana Sotelo e Jose Pulido celebraron os 25 anos do seu matrimonio. Baixo a sombra protectora desta árbore, que según a aboa Matilde cando ela naceu xa estaba alí, este matrimonio cincuentón xuntou aos “Bilbirichos”, algún “Chiquito” e xente de Bóbeda para dar conta dun churrasco e outras viandas. Lástima que os brazos do xitano non fosen máis longos.

Coti, sentado no medio do matrimonio poñía espacio e freno a temperatura que ainda hai entre a da Airexa e o de Bóbeda. Cándido, ao fondo, que vive entre O Castro e Nova York e anda moi preocupado polas perdas na bolsa, saudaba en plan estatua da liberdade. Lola estaba moi leda na nova fase dos seus recuperados amores. A aboa Matilde miraba para todos, leda de ver a tanta familia xunta. O Domingo, que vive en Nova York, chegou a ter tres traballos e acabase de xubilar, decía que non sabía que facer con tanto tempo. O Pepe falaba da bravura dos seus bois e da súa sorpresa ante a prohibición dos toros en Catalunya. Jose facía un profundo análisis das razóns da ciudadanía catalana e remataba decíndo que eran sospeitosos de facelo soio por amolar, soio por amolar…

Romina estaba ausente e escondíase detrás de unhas gafas, ainda non fora a dormir. Miguel daballe duro ao churrasco facendo acopio de forzas para iniciar a carreira de arquitectura. Bene escoitaba atenta a Fabiola, Lucita e Ana que falaban da viaxe que van facer a principio de setembro ao interior da selva Peruana, a unha misión que se ocupa de atender a 300 nenos.