En Son, unha pequena aldea no cima do Val d'Àneu , atopase esta maravilla do románico. Antón e Mariña están cansos do primeiro día de esquí e non están para desvíos. Queren ir a piscina de auga quente do hotel. Dín que xa vimos moitas igrexas e non paga a pena desviarse para ver unha máis. Ainda ca oposición da mitade da asamblea logramos chegar alí; e paga a pena. Non é unha igrexa máis, ten identidade propia. Como no caso das igrexas do Val de Boí, o aillamento e a falta de recursos destes vales, teñen moito que ver no estado en que chegou ata nós este patrimonio. Si houbera recursos, as modas habían traer o gótico e outros estilos, ata mixturalo todo.


No hay comentarios:
Publicar un comentario