sábado, agosto 26, 2006
Anna de Cristosende
Cristosende sempre foi para min un lugar máxico con ecos de misterio. Dalí veu María, unha muller que traballaba no noso restaurante lavando pratos. Dormía con nós no faiado e falábanos dos seus medos e das súas alegrias. Fai uns días fun a Cristosende, logo de moitos anos, e as lembranzas da María viñeronme a visitar.
O final desta fermosa aldea hai un pequeno paraíso onde dous artesans, Anna Champeney e Lluis Grau, levan a cabo a súa actividade. Anna traballa o liño e a lá. Recolle líquenes, frores, cebolas, castañas, raices, investiga e consigue cores sorprendentes para os seus texidos (toallas de liño, manteles, mantas, bufandas, chales etc.). Lluis fai cestos de mimbre, caña e madeira aberta (a cestería tìpica de Galicia). Rehabilita cestos antigos en mal estado. Da clases a quen queira introducirse neste oficio.
Un lugar aberto a xente que queira coñecer estas duas formas de facer artesanía no contexto no que eles traballan e viven. Unha opción de turismo cultural para coñecer o corazón da Ribeira Sacra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Lastima que souperamos tarde destes artesans. Xa remataron as vacacions. Para o ano faremoslle unha visita.
Notase que a moza quedou deslumbrada pola Ribeira Sacra.
Parece unha idea moi interesante
Gustariame saber que tipo de madeira utiliza para facer os cestos.
Non sei que tipo de madeira utilizan pero podes porte en contacto con eles a través do enlace ca súa páxina.
Polo que conta Anna, Lluis emprega castaño,"sangoviño" e avellano entre outras madeiras para facer os seus cestos.
Dades moita envidia, da boa. Vivir nese lugar e traballar no que vós gusta. Moita sorte.
Publicar un comentario