jueves, agosto 31, 2006
Estado da fonte do Toural
A foto mostra o estado no que se atopa a fonte que está pegada a casa da Martina, frente o Concello. Non sei cal é a razón pero resulta chocante que se invertira tanto esforzo en facer unha fonte no murallón e ninguén se plantexara por en valor esta fonte a que acuden diariamente moitos caldelaos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
16 comentarios:
A desidia, querido Bautista, nin o máis mínimo cariño polas fontes que usa a xente habitualmente.
Vas ter que facer un nova cada día, cando te decates da cantidade de cousas que están esquizas dan man de deus.
Deberían ser vergoñentas para a xente do concello, que ademáis a ten ben cerca, tales visións de sangrante abandono, esquecementos imperdoables de tesouros como este que mesmo semella seres absorbido, coa axuda do tempo e da preguiza, polo mesmo muro de pedra. Só unha resistente e xenerosa canle queda para nos regalar diariamente as bondades deste preciadísmo líquido, envexa de moitos lugares.Hai anos habia uns maceteiros con terra á carón da fonte,lembro que botei alí unhas sementes de frores, ó cabo das semanas sairon á vida da luz e ó cabo duns meses non quedaban nin frores, apenas terra e escasos restos dos meceteiros.
A terra morreu e agora a fonte tamén agoniza.
Alegrome de saber que non son soio eu o que me din conta do estado desta fonte que nos regala a súa auga.
A nosas opinións son como as sementes que tí puxeches neses maceteiros e darán os seus froitos.
Esta será unha nova iniciativa da asociación de amigos de Caldelas. Se o Concello non fai nada, encargaremos un proxecto a un arquitecto e buscaremos financiación para levar a cabo a súa posta en valor.
A ver si os hacen caso y la ponen bonita. Es algo que vemos todo los días.
Na foto non se ve un palé de ladrillos que pouco máis poñenllo encima da fonte. Nalgún momento pensei que andaban a reconstruir a fonte.
Si, cando fixen a foto deixei o pale fora. Debe de ser dunha obra que se está facendo o lado e que según parece está parada por problemas entre os veciños.
Non entendo como o Concello nos os require para que desaloxen iste espacio.
Hay otras fuentes dejadas de la mano de Dios y de las que no dices nada. Espero que tambien te preocupes de ellas. Por ejemplo, la que está al lado del Fiadeiro.
hombre, yo creo que Bautista no es el que se tiene que preocupar, o por lo menos no el solo, aquí hay que mojarse todos, no solo pedir como si fuera la carta a los reyes magos.Tenemos que despertar nuestras conciencias y las de los que están a nuestro lado... pidamos sí, pero no solo en este espacio... sin ánimo de desmerecerlo, que me parece un buen comienzo... saludos a todos
Como dí o comentario anonimo, temos que protestar e por en marcha todas as iniciativas que sexan necesarias. Non vale escudarse en que non nos van a facer caso. É unha postura facil. Se non nos fan caso, pois peor para eles. Cando cheguen as eleccións municipais e nos pidan o voto sacaremoslle as iniciativas... -e nese momento tocaranos ser moi activos, se queremos que a cousa vai mudando.
Propongo que se peque encima de la fuente un cartel pidiendo dinero para arreglar esta fuente y que habra una cuenta en una entidad del Castro para que los interesados puedan hacer donativos. Luego pedir un proyecto a un arquitecto y llevar la propuesta al ayuntamiento. Si os parece bien podríamos ponerlo en marcha.
Parece moi boa idea a de María se o Concello non fai nada por esta fonte. Conta co noso apoio. Saúdos.
me parece una buena idea, me sumo a la iniciativa.
Coincido con vosotros en el abandono que reina en la villa y me gustaría brindaros mi colaboración.
seguramente que ó arquitecto no que pensades se lle ocurra forrar as pedras do país con mármol e a poder ser,se os donativos inchán,que sexa de Carrara.
É a tua proposta Petapouco. Gustache o aplacado con mármol de carrara...?
É a tua proposta Petapouco. Gustache o aplacado con mármol de carrara ou tes algúnha proposta que facer.
Será ben recibida e pasada o arquitecto que faga a proposta.
Publicar un comentario