—Que tipo de nudo queres…?
—Non sabería decirlle, na miña vida puxen unha corbata…!
—Onde vas?
—A embaixada americana!
—Entón irache moi ben o nudo Wilson, dí él moi seguro.
—Vale, paréceme ben.
A súa muller rí..., miroa e díme…”está moi acostumado a facerlle o nudo os seus fillos”.
Un taxi lévanos polo centro desta vila que nos últimos dez anos alcanzou dimensións de gran urbe. As luceciñas que pasan a carón da miña fiestra fanme lembrar unha noite, á saída do cine Bilbao. Unha gran nevada e Charo máis eu na nosa vespa voltando para a casa mentres os copos ían blanqueando a gran vila. Penso no gran esforzo e valentía de Andrés e Carlos Rodríguez e o seu equipo de redactores, diseñadores e fotógrafos para sacar adiante iste proxecto que é unha aventura con triple salto mortal e sen rede, por ir soios, sen un gran grupo de comunicación que poña cartos e medios. Eles soios, cos cartos do seu peto e con moita experiencia, profesionalidade e valentía lanzáronse a ela porque, como dice Andrés, “…é un soño que se non o poñíamos en marcha quitábanos o sono, e agora que o temos marcha non nos deixa dormir…”
Unha gran alfombra vermella levounos ata a residencia do embaixador dos EEUU en Madrid. Moita seguridade e protocolo, saúdo ao embaixador e a súa dona. Cámaras, moitas cámaras, flashes, xente coñecida, dos medios, da sociedade madrileña, pasean as súas elegancias polos salóns e xardíns.
— un pouquiño de cava, por favor…!
—Cava, non, champán…!, contesta un camareiro.
—Vale, vale, champán entón.
A muller do embaixador, un cubano marielito adoptado en Texas, non saca os “ferrero” pero hai bós alimentos, boas bebidas, a xente de Hearts —nos que Orson Welles se inspirarou para “Ciudadano Kane”— e moito Smoking e traxes largos…

No hay comentarios:
Publicar un comentario