martes, enero 15, 2008

Cafe Casino, unha parada en Santiago

En Santiago chove moito. Xa era hora, dí o taxista, que me leva ata o centro. Antes de mergullarme no obxetivo que me trouxo a Compostela aproveito para visitar un dos lugares da miña ruta sentimental, o café Casino, un café dos de antes, un cacho de madeira que se salvou do naufraxio. Atopa na rúa do villar e ainda por riba ten wifi, bó café e piano.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Para mín tamén é un lugar de referencia en Santiago.

Anónimo dijo...

Supoño que é referencia para todos os que vivimos alí, por desgracia ata fai ben pouco as mulleres non podiamos entrar nel. De feito eu non puiden facelo mentres fun estudante e o casino era "o casino" (e tampocuco son tan vella), tiven a oportunidade de velo cando xa era unha "turista" máis na miña querida cidade, por iso a min tráeme algún recordo rancio, decimonónico. Eu quédome co Derby, moitas veces alí sentín ó fantasma de Valle

Anónimo dijo...

É un lugar moi agradable no corazón da parte vella.