sábado, enero 12, 2008

(3) Antonio Caneda, homeaxe a un represaliado





No nadal, en San Xoán de Rio, institucións, familia e amigos fixeron unha homeaxe ao mestre de Medos, Antonio Caneda, asesinado polos que ilexitimamente usurparon o poder. Na sala de plenos do Concello, primeiro proxectouse un documental de Xan Leira que non puden ver e que intentarei colgar eiquí cando dé con íl, se é posible a súa difusión. O video que acompaña esta entrada recolle fragmentos das intervencións na homeaxe e publicase en dúas partes por esixencias de YouTube. A forza do testimonio de Maximino, alumno de Antonio Caneda, pareceume que tiña que romper a idea temporal dos discursos e retrocer no tempo para reconstruir a crueldade daquel momento. José Miguel Pérez, concelleiro de Cultura de Sant Xoan de Rio, resaltou o compromiso do mestre de Medos ca idea de axudar no proceso de alfabetización; Gonzalo Iglesias Sueiro, delegado de educación de Ourense, salientou a homeaxe, logo de 71 anos, dentro da aprobación da Ley para a recuperación da memoria hostórica. Xosé Carlos Sierra, delegado de Cultura de Ourense, falou do mestre como portador de valores cívicos e domocráticos, Dario Álvarez, sinalou que a situación de paz que vivimos debemoslla a homes que como o mestre asesinado que deron a vida por os seus ideais. Ramón Luis Acuña, xornalista, a través de unha carta, solidarizouse co acto de homeaxe e dixo que homes como Antonio Caneda representaba a sal da terra; Xosé Manuel Cid, decano de educación, falou dos tres mestres da zona represaliados, os verdadeiros herois: Armando Fernández Mazas, de Pedrouzos, Luis Acuña, de Sobrado e Antonio Caneda de Medos; Ana Rodriguez Caneda, sobriña do mestre, sinalou a idea da memoria agochada no entorno familiar por medo a máis represalias, Alfredo Suarez Canal, Concelleiro do Medio Rural, pechou o acto manifestando que con iste acto sobretodo estamos contribuindo a cimenta-la racionalidade, a por en valor, a facer humanismo.

A Rexiónvaldeorras recolle o momento no que se descobre unha praca pola que se lle adica seu nome a escola de San Xóan de Rio.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Un acto necesario. Os mestres son vehículo de transmisión do saber.

Anónimo dijo...

lástima que os mestres hoxe non estén nin a milésima parte de valorados que entón ¿qué pensaría Caneda da situación dos seus colegas de profesión hoxe en día?
Ollo, con isto non pretendo dicir que a todos os mestres se lles teña que facer unha estatua (nin antes nin agora), hai (e houbo) bos e malos profesionáis, coma en todas partes; pero é verdade que un bon mestre deixa un calado indeleble nos seus pupilos. Quero que a miña opinión sirva de homenaxe a todos os bos mestres do mundo e de todos os tempos, sin eles non seriamos o que somos

Anónimo dijo...

La palabra maestro, maestra, es hermosa y está llena de contenido.
Desde que se llaman profesores o "profes" la figura del maestro mucho ha cambiado.
La crueldad de una guerra llevó a tan graves y amargos actos como el asesinato de A. Caneda y tantos otros.

Anónimo dijo...

Parece que foi un acto moi interesante. Noraboa por esta entrada.

Anónimo dijo...

Houbérame gustado estar alí. Parabéns os promotores.

Anónimo dijo...

Muy emocionante y merecido homenaje. Me parece un detalle de buen gusto y elegancia el poner el nombre de A. Caneda al Centro Educativo.