viernes, agosto 08, 2008
Castro Caldelas, novo empedrado da zona vella
As obras do novo empedrado avanzan por diferentes rúas e prazas do casco vello. Molestan, sí, as obras sempre molestan...pero son boas e necesarias. Parece que se está a facer unha obra de calidade e tamén de gran alcance... novos saneamentos, etc. Xa era hora de que o Castro recibira as axudas necesarias para acometer este importante proxecto. O noso patrimonio necesita destes cuidados e a forza do exemplo debe influir nas futuras execucións privadas e públicas. Mágoa que esta mellora tan importante da calidade das nosas rúas e prazas non signifique tamén un cambio no seu uso, e que continúen a ser os coches, en gran parte, os seus beneficiarios.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
24 comentarios:
Bautista sin ánimo de nublar ninguna de tus palabras respecto a las obras de mejora en el casco antigüo y plaza de Castro Caldelas, sí comentarte el trastorno y perjuicio que ocasionan las obras mal planificadas. Para los que viven en ellas y sobretodo, para los que tienen un negocio y esperan ciertas fechas para poder hacer un poco más de caja. Por estos lares las visitas turísticas són muy puntuales.Y los que vivimos del turismo deseamos que todo salga bien, que se vayan con un buen sabor de boca...con una buena impresiòn de todos...
Quizás es porque desde la Administraciòn no se cuidan esos detalles humanos..., subvenciones...plazos...hacen que se ignore lo más importante: el bienestar social. Y todo se justifica con fines políticos y de interés. Yo también soy partidaria de mejorar el entorno. Precisamente, creo que la calidad de vida de las ciudades y del rural, cuando llegan los de la ciudad, se deteriora por el uso de los coches. Abultan mucho...Y,aparcados, son máquinaria inútil.
Dentro dos que "vivimos do turismo" hai dous grupos: os que traballamos coas licencias pertinentes, e os que con todo o morro do mundo se queixan de todo, pero esquécense de primeiro deberían todo legalizado.
Se se mira dende o castelo ou dende o Toural para o Prado, nun día de afluencia, non semella a praza dun pobo, que va, parece talmente que estamos no aparcamento do Carrefour.
Desafortunados os pobos onde os intereses duns poucos ( con todas as licencias pertinentes) priman por riba do ben común !!!
¿E ti onde aparcas? porque todo esto está moi ben pero resulta que algúns dos que se dedican a dar lecións logo meten o coche onde máis estorba: por exemplo o do campos coa furgoneta diante da igrexa (día 2 de agosto de 2008). Así que incongruencias as xustas
Irmáns: Fuxide sempre dos parvos. Non vos arrimedes a eles, porque poden roubarvos algo da vosa razón e transmitirvos a súa parvada. Deixádeos pasear, falar, danzar e medrar no seu mundo. E se algún parvo chega a ser autoridade non mostredes asombro, porque son cousas do sistema que combatimos e dos tempos en que nos cadrou vivir.
o texto citado na anterior entrada e de Castelao (esquecinme de polo)e comparto o seu pensamento un saudo e unha aperta a todos...
Bautista, ayer cuando te comentaba que...los que vivimos del turismo deseamos que todo salga bien...lo hacía con intención social, puesto que no vivo en Castro Caldelas y tampoco vivo del turismo(la afluencia de turistas aún es escasa para la categoría de una vivienda turística vacacional como es la de As Adegas). No obstante, podeis verla en internet. Seguro que os gustará. Un abrazo
Eu tamén comparto o pensamento de Castelao, o sea que Carolina aplícate a parte que che corresponda da cita (e que saibas que cando se cita a alguén o texto debe ir entrecomillado para que se saiba que é unha cita)
Aínda queda moita fina caste de intelectuaes, dos que a xente dì que debemos facer pranto cando morran; mais eu quixera mellor homes de acciòn que litasen polo engrandecimento da nosa Terra, sen medo ao fracaso, nin á censura, nin tan siquera ás pedradas. Porque hai que loitar e crear, e non imos perder a vida metidos nas tripas dos problemas...(Castelao)
SE HAI QUE FACER POESÍA....
"Hai entre tempos un tempo
que a miúdo desprezamos.
Por enfoca-los extremos
os medios desperdiciamos"
"Primeiro foi o mar
dempois a pedra."
C.E. FERREIRO
"Ese pobo vil
ollará aniquilada a súa lembranza
e o seu nome indigno
borrarase, sen máis, do universo:
hai agresiós á beleza e ao espírito
que a vida non tolera nin perdoa."
Manuel María
"Apaga o candil,marica CHUS CHUS
apaga o candil que ten moit lus.
que ten moita lus moita claridá,
apaga o candil e acghégate alá"
Popular (e do Jayoso o sea que máis popualar aínda)
"Coas soedades non podo axolleta-lo xustillo que me quedan os amores pola feira de Berdillo pola feira de Rianxo coas soedades non podo axolleta-lo refaixo"
Desconhecido
Este ven ó pelo: "Ai, pedra, pedriña, pedra, ..." da Presenta Amaro
Non xeneralices, anónimo das once trece, e supoño que sabes que citar a ninguén agochado no anonimato é de pésimo gusto.Polo demais eres moi libre de expresar o que sentes, ainda que despois da cita do excelso Castelao, grazas Carolina, non hai nada que engadir.
A min plin que son de Lalín.
J Crespo Iglesias
...grazas Celeirón..."Lémbrome dalgúns galegos que...Parece que son donos da verdade e aínda non pasaron fames nin sedes. Parece que trunfaron nalgunha loita terrible, decisiva, e non fixeron máis que fuxir diante dos perigos..." (o noso Castelao)
"Una piedra en el camino
Me enseño que mi destino
Era rodar y rodar
Y después me dijo un arriero
Que no hay que llegar primero
Pero hay que saber llegar"
"Oichó"
Óscar, "Rubio" de Alais
"E LÓ"
J Crespo, o de plim xa non se leva ogora é o de PIRIM PIM PIM.
"Pensa moito e fala pouco,
que o moito falar é vicio
e o dar palabras a o vento
é semear no camiño."
Anónimo
non sei si o sabedes pero onte unhas nenas da praza do prado cerraron un espazo diante da que fora a tenda do Jesus Losada e reivindicaron o uso para a xente deste espazo. Moi boa idea.
estou a favor de quitar os cohes do prado, pero ¿pensades onde facer un aparcamento?, a todos nos gusta chegar cómodos a porta da casa,do comercio.e.t.c
Publicar un comentario