martes, septiembre 30, 2008

Antonio G. Amaro e a súa páxina


Xa fai tempo que Antonio G. Amaro, o presidente do PP de Castro Caldelas, ten unha páxina na que vai mostrando a súas opinións e as do grupo que representa. Tamén se poden atopar moitos datos das contas do concello dos anos 2006 e 2007. Por exemplo, o custe dos chourizos, da última festa dos fachóns, o custe das obras das rúas, os gastos en persoal, as deudas de luz, quen ten chaves para acceder ao concello e moitas cousas máis. Sempre está ben saber moitas cousas dos interiores do Concello. É a maneira de comprender, por exemplo, que detrás do excesivo agasallo de chourizos hai unha subvención e apenas representa custe para o Concello.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Si, maravilloso ese blog e moi actualizado, por certo. Vas ter que buscar outra cousa para crear polémica, Bautista, porque esto non sei se che dará para moito.Pero sempre podes sacar outra vez o tema dos chourizos dos fachós, ou incluso podes retrotraerte e volver as guerras irmandiñas, que xa había de aquelas Osorios cos que meterse.

Anónimo dijo...

Extranos compañeiros de cama. El a tí tamén te ten publicidade feita no seu blog. De todos os blogs do Castro é o único que ten nos links.
"Deus os cría e eles vanse arrimando"

Anónimo dijo...

Non debería molestarvos tanto este espacio de liberdade, onde Bautista da conta da información que poida interesar ós cidadans, caldelaos, a todos, non soio os que poñen camisetas para ponerse tolos e exhibirse.

Non merecen respeto os votos que representa Antonio Amaro. Vaia progres máis reaccionarios. Noraboa Bautista por no deixarte liar e ter a mirada limpa. Ah! gracias por non censurar as cousas que interesan do Castro e parabens a os amigos de caldelas pola calidade de dúas noites de contos.
Que sigan baixo a sombra do transformador.

Anónimo dijo...

O que é mundial desta web é o seu blog. Animan a participar e resulta que o administrador fai 3 entrads o primeiro día e ólvidase do blog.

Respecto ó da mirada limpa de Bautista dicir unha cousa: pode ter moitas cousas na mirada, pero non é un don seu o da mirada limpa, xa que sempre a ten sesgada.

Creo que se poden criticar moitísimas cousas de Castro Caldelas e dos seus gobernantes, pero algunha cousa boa terán feito (digo eu).

Xamais fixo unha entrada neste blog loando algo ben feito.

A mirada está un pouco torta, me parece a min

Anónimo dijo...

Algo importante se debe e debe esconder na información do Antonio cando lles preocupa a transparencia e a difusión da información.

Anónimo dijo...

Non está mal acceder a páxina do PP. Vexo cousas que non sabía. Hay cousas importantes e cousas que non teñen a máis mínima importancia.

O dos chourizos, vaia prodigalidade. Ca de cousas que se poderían facer con ises cartos. Cando superaremos no noso país o "todo gratis". Ahí tes un bo tema Bautista sobre o que escribrir. Unha sociedade que necesita o "todo gratis" non é unha sociedade sana e libre, de cidaddans.

Anónimos, estade tranquilos que non por entrar na páxina do PP vou a entregar o meu voto a Baltar e os seus, pero que demo, para cando unha renovación profunda dos socialistas do Castro. Gañaran eternamente. Terán recursos para regalar chourizos sin fin.

Alguén me pode ilustrar a cerca de cal é a diferencia na forma de gobernar cos alcaldes do P.P.