martes, septiembre 16, 2008

Ataque de George Steiner ao galego


Fai uns días o filósofo, filólogo e crítico literario George Steiner nunha entrevista de Juan Cruz manifestou a súa sorpresa de que houbera unha universidade en galicia onde era necesario útiliza-la lingúa galega. O xornalista canario manifestoulle que igual que en cataluña existía o catalán...: "¡No me compare el catalán con el gallego!", dice Steiner a Juan Cruz e añade "El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante".

manifesto do PEN CLUBE DE GALICIA que agrupa a poetas e escritores. 

En relación coa afirmación do filósofo, ensaista e crítico literario, George Steiner, expresada ao xornalista e escritor Juan Cruz, na devandita entrevista, o P.E.N. de Galicia manifesta:

Que o ignorante atrevimento do vedraio intelectual, nado en París en 1929, nas súa afirmación sobre "la obrigatoriedad de hablar en gallego en una universidad de España" e o seu desprezo pola literatura galega, comparándoa pexorativamente coa catalá, puido ser remediado, perfectamente, polo entrevistador.

Juan Cruz, máis que entrevistador coautor de Yo intento fracasar mejor mejor, non é un octoxenario desinformado. Este escritor canario coñece a existencia e a traxectoria da literatura galega, trata directamente a varios autores actuais, non se lle escapan nomes como o de Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Eduardo Blanco-Amor, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares, Alfredo Conde...e ten participado en numerosas actividades literarias en Galicia, a última nas Xornadas de Mariñán, organizadas pola Fundación "Carlos Casares", do 4 ao 7 de xuño pasado.

Non cabe dúbida ningunha de de Juan Cruz aproveitou as declaracións de George Steiner para botar leña ao lume na actual situación lingüística e literaria no Estado das Autonomías, co "Manifiesto por la lengua común" como telón de fondo. Pouco lle debemos agradecer a partir de agora, ao simpático e poderoso novelista, que acostuma a festexar os "chistes de gallegos", os que loitamos, día a día, en Galicia e nos foros internacionais, pola pervivencia da literatura de noso.

Basilio Baltasar sale hoxe, nun artigo en El País, en defensa do inocente Juan Cruz, chamándolle clérigos aos do P.E.N. Clube. 

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Odiar debería ser delicto a xulgar de emerxencia pero só cando somos nós os que odiamos. Cando nos odian a nós hainos que comprender e ser curriños para que cambien de opinión mirando o ben que nos portamos.

Anónimo dijo...

Ainda que o ten ben merecido, nunca me atrevería a chamarlle ignorante a G. Steiner.O que resulta evidente é que , de querer, Juan Cruz, podería evitar esas desafortunadísimas declaracións e ó tempo evitarlle o entrevistado quedar en evidencia.
Traducido ó galego, deste home, non hai nada, si ó catalán, e isto parece ser que lle proe.
Hai ó respecto un magnífico e moi interesante artigo de Arturo Casas que pon as cousas no seu sitio. Se teño tempo, cousa da que ando escasa, poreiche a ligazón.

Anónimo dijo...

Non sei se coñeces as últimas novas sobre o "Caso Steiner". Polo visto o filósofo mandou un correo electrónico a EL PAIS co fin de que llo remitisen ó PEN CLUBE. No correo Steiner di:
" Como demuestra mi libro Después de Babel, soy un apasionado defensor de las lenguas y literaturas minoritarias. Mi comentario irreflexivo fue una respuesta al chovinismo regional que amenaza ahora la unidad de España. Pido mis más sinceras disculpas."
No que sin dúbida atina é no de comentario irreflexivo, xa que na ameaza do chovinismo rexional vaia por Deus...

Bautista Sotelo dijo...

Lin esta maña o comentario de Arturo Casas. Moi atinado. Non sabía do correo de Steiner, pero polo que dís acadou de arranxalo.

Anónimo dijo...

El Pen Clube Gallego ama y entiende la lengua de Rosalía