viernes, septiembre 26, 2008

Contido da revista da festa dos Remedios 2008


Foto do blog de Alberto de Camba.

Na anterior entrada hai varios comentarios que amosan interés pola revista da festa dos Remedios 2008. Espero acertar e que ós autores lles parezca ben. A intención é darlle máis difusión os seus contidos e tamén que os que están máis alá do transformador, e que non poideron estar nas festas, poidan lela.


















14 comentarios:

Anónimo dijo...

Non tivera o "honor" de ler a revista. O artigo de Clemente, ademais de padecer unha pobreza literaia absoluta (propia dun rapaz de 3ª da ESO) roza o patetismo máis puro.
Creo que é mellor que se adique a comentarista xudicial

Anónimo dijo...

Sen respeto polos outros e as súas opinións, os foros que promoves, Bautista, quedan tronzados na raiz. Se os caldelaos non somos capaces de manter unha conversa, sobre calquera punto, que non vaia na liña do guapos que somos, como podemos conquerir un entorno creativo ao que se sume toda a xente que quere facer cousas no Castro. Si lle disparamos unha perdigonada a calquera que faga unha crítica, como queremos evitar a nosa decadencia. Si en lugar de razóns aportamos descalificacións, como queremos que se respete o que promovemos.

a.a.l.
honor...
pobreza literaria absoluta...
rapaz de 3º da eso...
patetismo...

Pensas eso de verdade, necesitas ridiculizar ao Clemente... é esta a túa maneira de argumentar a excelencia e bondades do PL...?

Anónimo dijo...

Acabo de ler o texto do Clemente e leva algo de razón en moitas cousas que dí. Tamén me sorprende que os do PL se ofendan tanto, cando non son o punto de mira do artigo. En xeral a revista este ano paréceme boa. O primeiro comentario ten muy mala leche.

Anónimo dijo...

Pois eu creo que laiarse do mal que está o pobo serve de pouco, e a única alternativa que propón (o do Parador) paréceme irrealizable (o castelo está decido con fins non lucrativos).

Que veña explicando que o futuro do pobo está no sector turísco pacéme:
1. Un erro, creo hai moitas outras cousas con futuro (por exemplo o viño)
2. Un pouco anticuado (¿cantos anos levan co da Ribeira Sacra? ¿Cantos anos leva o Vicente Risco, Caldelas Sacra, Cima da Vila, Lugar do Souto; Grilo-Rubio vendendo bicas,...?
3. E sobre todo (o mellor é que estou algo acomplexado) a típica lécción do emigrante retornado que nos pretende ilustrar aos que vivimos aquí. Por certo eses que citan a Castelao é un pouco curioso que salgan a defender ao señorito que NUNCA fixo nada no seu pobo.

Creo que a revista das festas debería ter outro tipo de artigos porque espérase dela que sexa algo que una aos caldelaos, creo que si quere facer unha crítica ten outros lugares máis axeitados.

En xeral a revista paréceme semellante a de outros anos, e as festas mellores pero como di Bautista dentro dun programa clásico, paréceme un despiferro gastar 8 millóns, pero OLE polo rapces da comisión que sen dúbida demostraron o incompetente que é a concelleira de cultura

Anónimo dijo...

Gracias Bautista, disfrutei moito lendo a revista e mirando as fotos.
O que non entendo é o da polémica. Ningún dos autores lle faltades o respeto a ninguén, todos están moi ben escritos, dan a súa opinión e máis nada. Falando en concreto do de Clemente Alvarez, non merece o comentario de a.a.l. Non sei onde lle ve a pobreza literaria, o patetismo... Non vou entrar noutra polémica, que os meus intereses non van por aí. Reitéroche as gracias por a publicación e por este espacio de libertade que nos brindas.

Anónimo dijo...

Cando alguén quere dar leccións de algo ten que facer cousa e non criticar por criticar.
Os que organizaron as festas este ano deron unha lección, pero tamén os que organizan o Ponte Louco dan leccións.
Os que si que non damos leccións somos TODOS os que estamos a (como din algúns) CRITICAR CONSTRUCTIVAMENTE.
Se queremos dar leccións de algo e criticar constructivamente comecemos a construir e organizar cousas.
Eu non concibo como alguén se pon a escribir na revista que hai que crear prazas hoteleiras e bla, bla, bla...
As prazas hoteleiras non se crean soas, créas a xente.
E o que escribe o artigo (que creo que está moi ben economicamente) podería pasar a acción promovendo algunha empresiña para que quedaran cartos no pobo.
Pero está claro que criticar e disparar contra todos, e non facer nada é moi sinxelo.
Olé por Manuel, Olegario, Alberto, Roberto, Rubén....
Olé para Juan Luis, Alex, Encarna, Teti, NAtalia, Pepa...
E a ver se algún día lle podo dar un olé a Clemente, porque de momento non demostrou nada polo pobo que o mereza

Anónimo dijo...

Agradezco o tono e gustaríame aportar uns matices.

VIÑO: Sí, estou dacordo en que o viño supón unha liña de progreso non imaxinable fai 20 anos. Ao mellor alguén pode aportar datos da riqueza que supón para nosa bisbarra, se hai algún estudo.

INFRAESTRUCTURA HOTELEIRA: Sen querer ofender, Cima da Vila e Caldelas Sacra, pareceme que apostan pola calidade, o resto non cumpre os mínimos. Non non engañemos. Fai pouco Nini falaba, con acerto na Voz, da necesidade do turismo de unha semán, como obxetivo na Ribeira Sacra. Estamos lexos de eso. Non, sí.

BICAS: O outro día, frente ao cuartel, un home baixouse dun camión e preguntoume onde podía atopar unha bica de Trives. Non viña con gana de troula. É para pensar. Non, sí.

SEÑORITO: Non me parece moi elegante mofarse de alguén que traballou a reo na súa formación, abandoando o seu pobo e sen padriños conqueriu a categoría de alto profesional. Non digo que se lle poña ningunha alfombra, é un máis, pero sen chegar ao desprezo. Un notario que escribe en galego e para tí todo normal. O comentario teu amosa certa envidia.

A REVISTA: Estou contigo que as críticas de Clemente non son o máis apropiadas para ese medio, pero, en xeral, os artigos son ben interesantes.

A COMISIÓN: Valentes, xenerosos e con moita capacidade. Unha verdadeira enerxía nova que lástima que non participe en política.

OS CARTOS: Según unha fonte ben informada o Concello debe moitos cartos a orquestas ata o punto que querían organizarse para que ningunha tocara eiquí. A aparición desta comisión salvou o asunto, polo momento.

DESPILFARRO: Sí, tamén me parece demasiados cartos para unha vila en crisis, como a nosa. A festa debería pagala quen se beneficia dela. Maiormente, os bares.

Anónimo dijo...

Sí, eu tamén escoitei falar do "boicot" das orquestas a Castro Caldelas. A xente paga pouco e o concello, como é lóxico, non pode adicar unha partida excesiva este concepto. Competir polas mellores orquetas non é a solución. Quizás se debería repensar a festa. Os tempos cambiaron e as demandas xa non son as mesmas. Deberíamos abrir un foro e recoller propostas para este tema. Un saúdo.

Anónimo dijo...

DESPINFARRO: Regalar chourizos e pan da maneira que se fixo o ano pasado nos fachóns, tampouco é a solución e penso que ahí tampouco lle falta razón a Clemente. Cando voltaba a casa, pola noite, vin pan e algún chourizo tirado polo chan. Penso que eso non pasaría se se cobrara, simplemente, o custe do producto. Hai que ter capacidade para reaccionar.

Anónimo dijo...

Unha boa paradoxa. Un pobo pobre regalando chourizos sen límite. Tanta xenerosidade debería facer que pensar. Non, sí. Non parece unha boa maneira de administrar os nosos cartos.

Anónimo dijo...

a.a.l., non tes razón, véchese o aroma que gastas. Atacas ao Clemente porque se atreveu a criticar a quen xestiona o Concello. O rebaño non está todo controlado. Non todo mundo traballa para o concello. Ainda que pouco lle falta.

Anónimo dijo...

gustoume a forza e o traballo dos rapaces q organizaron as festas e dende aqui a miña noraboa,non me gustou o articulo do clemente a revista das festas no e pa escribir iso se tan claro ten o q lle fai falta o pobo q faga algo para demostralo e non faga criticas destructivas dende o exilio e se o fai polo menos q diga as cousas claras e non insinue,estudos tera pero educacion pouca.Para min todo acto cultural q se faga no pobo e un balon de oxixeno q nos da vidilla os q os disfrutamos como os q se aprobeitan deles(bares,supermrcados hoteis,restaurantes,panaderias...)non nos queixemos e apoiemos as iniciativas e criticalas si, pero constructivamente.apoiemos as festas dos remedios,o fc caldelao,o pl,asfeiras d0 3 e18,os bailes folcloricos, o coro,os cocertos do rubio, a feira do viño....... e apoiemos a todo o q organiza as cousas q ben o merecen.E o q esta claro e q nunca chove a gusto de todos e por iso ten q aber de todo (orquestas,chuorizos,viño ,futbol,ponte louco,feiras ,procesions,bandas teatro.....) e se alguen pensa q falta algo q e do seu agrado q lle vote un par e se poña mans a obra como fan os q xa mencionei e despois conte a sua experiencia

Anónimo dijo...

Se non fora por tanta falta de ortografía poríache un 10. Ja! ja! Creo que tés razón en todo o que dis

Anónimo dijo...

eu penso o mismo, pero non merece a pena que lles prestemos tanta atencion aos criticos destructivos mentras se teñan forzas uns seguiran organizando e outros protestando dende un sillon pero mortos de envidia por non ter o valor e inciative de toda a xente da que falaba o penultimo anonimo