Mostrando las entradas para la consulta quico cadaval ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas para la consulta quico cadaval ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas

martes, junio 24, 2008

dúas noites de contos, no mosteiro de san paio



Para os que xa sabedes que o lobo anda na cama da avoa, se vos pica a curiosidade e queredes saber qué pasará co conto, podedes ir á páxina da asociación amigos de caldelas, O prado. Ahí tedes toda a información. Para os impacientes, avanzo que estamos a preparar o programa "Dúas noites de contos", con Carlos Blanco e Quico Cadaval, para o 31 de xullo e o 1 de agosto. A asociación está en marcha, con moitas ganas de traballar, e aberta a todo aquel que queira sumarse.

Perdoade o misterio, mentres estábamos a pechar o programa non tiña tempo para mais, i eu tamén son impaciente. A intención dos que estamos a traballar nesta proposta é que sexan dúas noites cheas de humor e de maxia.

Tanto Carlos Blanco como Quico Cadaval son dous fantásticos actores, moi coñecidos a través da televisión e o cine pero que levan traballado moito polo teatro en Galicia.

Estas dúas noites cumplen un doble obxectivo, que é o da asociación que as promove: traballar pola recuperación dos espazos públicos e o patrimonio histórico-artístico e tamén natural de caldelas e cpntribuir a dinamizar a nosa vida cultural sumando iste acto a oferta existente.

Dende máis alá do tranformador solicito aos blogueiros de Caldelas que axuden a xerar o necesario eco para que iste acto chegue a todo-los recantos posibles.

viernes, agosto 21, 2009

O falador, de Quico Cadaval


Hoxe o "Pais" informa sobre o "falador", o novo espectáculo de Quico Cadaval.

"Entre unha zapatería de saldos e unha joyería, o actor e director teatral que o pasado ano triunfou nas táboas cunha adaptación da Noite de Reis de Shakespeare para o Centro Dramático Galego, espera sentado. Catro flexos, dúas cadeiras, un reloxo e unha mesita de té adornada cun ramo de flores amarelas sérvenlle de decorado a este teatro callejero. Os viandantes, turistas e curiosos, detéñense, mínimo, a un metro de distancia. Poden observar pero non oen, e moi poucos se atreven a entrar. Máis mulleres que homes, en calquera caso. Algún, conta o artífice do proxecto, ata entra protestando polo abusivo prezo."

domingo, marzo 04, 2007

Quico Cadaval, un narrador moderno


Na aula 111 do departamento da facultade de filoloxía non quedaba nin un soio pupitre valeiro. O home que renovou o teatro galego estaba a piques de entrar e a expectativa era grande. Moitos galegos de Barcelona citáronse nesta emblemática aula para escoitar a voz máis famosa do teatro galego.
“… o único importante do conto é o inexplicable…”

Quico empezou facendo un repaso dos valores dos contos tradicionais, botando por terra a inxenuidade das mensaxes que agochan. “…valores que se instalan no subconsciente e logo convertense en ideas propias…”

Nos seus contos, Quico, fala de espectros, de posesións, de seres que invaden os corpos, dos mortos que viaxan no corpo dun familiar como invitados. A risa e o medo combinados. O temor ó inexplicable. Do real e do subreal. Dun mundo próximo ós galegos. Igual ca no caso de García Marquez, a aboa de Quico contáballe historias nas que o inexplicable convivía armonicamente co real.

domingo, noviembre 16, 2008

O mundo de Quico


Fermoso día de sol, transparente, nítido. Frio inverno entre os piñeiros. Atrás quedan as choivas do outono. Mentres Antón e Mariña reiteran a súas demandas de vida social, lembro a Quico Cadaval, antonte no centro galego e logo xantando no Oleum do MNAC, contando a historia de Ismael, que desembarcou alá nos 70, na “Carreirana”. Ismael era un mariñeiro negro, extranxeiro, culpable de roubar un atún. A espera do xuizo, iste Ulises queda en terra galega e vive un historia de amor imposible e unha chea de conflictos neste mundo pre-moderno de Riveira. Unha historia real das Rías Altas, tal como eu a vín, dí Quico, mentres come no salón do trono un carpaccio de pes de porco.

domingo, julio 20, 2008

Dúas noites de contos, faltan 11 días



Todo está en marcha. Os “Amigos de Caldelas” estámos preparando todo para que “dúas noites de contos” teña o éxito que merece esta doble oportunidade: escoitar a Carlos Blanco e Quico Cadaval no adro do mosteiro de San Paio. Alí a carón da porta que da ao sagrado, onde unha imponente escada accede a parte alta do mosteiro, Carlos e Quico, baixo a lúa da ribeira Sacra, nunhas fermosas noites de verán, esperemos que sen choiva, texerán os seus xogos de verbas retranqueiras. O aforo deste espazo é limitado polo que pregamos os interesados que merquen con tempo as entradas no 902 43 44 43 ou na páxina de caixa galicia.

lunes, agosto 04, 2008

A noite de Quico Cadaval


Se o primeiro día a choiva e o exceso de consumo de luz xeraron algunha sombra, superadas pola profesionalidade de Carlos Blanco e a xenerosidade do público, na segunda noite, un universo de estrelas iluminou o éxito da convocatoria. Según moitos seguidores do narrador de Ribeira, foi unha das súas mellores actuacións. Houbo moita xente, máis da que esperábamos, perto de 300 persoas, un público entregado. Baixo a protección de San Paio, Quico impugnou os contos, descubriunos a moitos outro punto de vista sobre as historias que se lle contan aos nenos. Coa historia de Presenta viaxamos á súa infancia. Coa súa versión do complexo de Edipo, mentres a súa nai prepara unha carne guisada, manexou ao público como o vento manexa as follas dun árbore.
Foto: Carlos Campos

viernes, marzo 20, 2009

Luces, A cultura que virá, X.M. Pereiro



" O que di o programa electoral do PP sobre cultura non enche unha folla."

"Agora non sei qué vai pasar, porque o PP non fala do asunto, quizais porque as súas bases están moi excitadas por poder volver falar español e volver rezar despois de tres anos e medio de prohibición." Quico Cadaval

" Deberían deixar e regar calquera semente". Mercedes Peón

martes, julio 29, 2008

Despois do espéctaculo viño da Ribeira Sacra.


O luns, un pouco antes das 14h, na Ser, Carlos Blanco estivo a falar de Dúas noites de contos. Era na desconexión para Ourense, no curso dunha entrevista para falar do seu espetáculo de este xoves e do de Quico Cadaval, que será o venres, no mosteiro de San Paio.

A través da Ser podedes conseguir entradas para os espectáculos. Basta con chamar e contestar unha pregunta sinxela. Regalan 10 entradas. Iste verán Carlos é tamén un habitual do programa La Ventana, no que participa os martes na tertulia. Explicou tamén que, ao finalizar o espectáculo, nese fermoso espazo que está na entrada do mosteiro, a Asociación de adegueiros da Ribeira Sacra ourensá ofrecenos a posibilidade de tomar un viño debaixo dos padrairos. Esperamos que será un final redondo para o que esperamos sexa unha fermosa noite verán.

martes, agosto 05, 2008

A sociedade segreda e ilegal

A asociación Amigos de Caldelas, por fín da datos e pon enriba da mesa información perto da sociedade segreda e ilegal da que falou Quico Cadaval…
Cámara: Xosé Luis (Do Milucho).

viernes, agosto 01, 2008

Carlos Blanco engaiola na Ribeira Sacra



Noite de verán. Risas a escachar. Problemas, sí. Pasar a acción significa correr riscos. Por momentos chegou a luz a este mosteiro máxico, novo espazo para a cultura. Xente de Ourense, de Monforte, Chantada, Trives, Doade, Abeleda, santa Tegra... e, sorprendentemente, algún había do Castro. Hoxe contaremos con Quico Cadaval, actor e director teatral de gran prestixio. Ven de camiño e chamou para decir que parou a dormiu unha siesta nunha carballeira antes de chegar a Monforte, polo que virá moi descansado. A cousa promete, o número de entradas vendidas é alto. Seguro que será unha noite para lembrar. Foto: Carlos Campos.