jueves, marzo 23, 2006

Crónica dun cumpreanos



Antonte Emma Vazquez cumpriu anos e celebrouno no seu restaurante Ferrum, situado no Ensanche Dereito, perto do Paseo de Gracia. Emma naceu no Castro, do outro lado do transformador, e non vou a decir cando, pero darei pistas. Nesa época a xente aforraba ata poder ir xunto ó Antonio a facer un traxe a medida. Igual que os irmáns Dominguez xurdiron da experiencia do seu pai, sastre en Trives, Antonio contaxiou a súa filla a ilusión emprendedora que agora continua con ista nova iniciativa. A festa estivo moi animada entre familiares, clientes e amigos. Recoñecin a moitos amigos da Emma, o seu mozo, a Judit, Ana, o seu irmán Armando, a súa dona Isabel, e ata me atopei ca miña doutora. Si...! a que me dí que a tensión anda polas nubes e o meu peso non é o máis recomendable. Sentinme espido. Imaxinade...!, atoparse nun festa ca persoa que che coñece os intringulis. Unha situación de peli de Wody Allen, pero nunha cidade con máis glamour que Nova York.

E non vou a decir caralladas da cocina. Alvaro Cunqueiro, cando lle derón a probar un viño, esperando unha descripción sobor dos seus olores, sabores, regustos e demáis sensacións, dixolles os presentes " o viño é bó..., vale pro cocido". Como non teño a sabedoría gastronómica de Cunqueiro, soio resaltar que ainda saboreo o delicioso bacalao que o cociñeiro de Ferrum prepara cun punto e unha presentación moi delicada. "Nouvelle cuisine" con un sutil destilado de identidade galega, nalguns pratos; os segredos da cociña da mai da Emma, Luisa. Moita sorte nesta nova andaina.

Dirección Ferrum: c/ Córcega,400, Barcelona, 934577610.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Logo din que en Barcelona traballase moito. Veleí unha mostra do contrario. Unha moza moi guapa a Emma de Folgoso. Teño unha idea da súa idade porque botei un baile con ela fai 25 anos, na festa de Sas.

Anónimo dijo...

Armando e o perillas, que aparece do lado desa moza morena, levan a mesma cazadora. Que pasa, tocan na mesma orquesta...?, non me digades que foi coincidencia. Moi guapos todos. Debeu de ser unha boa festa. Cando pase por Barcelona intentarei coñecelo.