martes, marzo 07, 2006

Unha boa nova en Nova York


"É unha Bilbiricha...", dixo o abo; Domingo Sotelo, en conferencia ca súa mai Matilde, que vive na Airexa, na parroqua de Mazaira, diste lado do transformador. Fai uns días naceu, na cidade de Nova York , Ana Belen. Os pais da cativa, Deby Sotelo e Scott, casaron o once de setembro, do ano pasado, e ata NY viaxaron, daquela, moitos Bilbirichos, incluida a Matilde. Domingo leva dende os 70 na cidade dos rañaceos pero na súa cabeza bulenlle os olores, as coores, os soons, as xeiras e os ecos da infancia.

Noraboa por ista neoyorquina, que ben seguro virá moitas veces por Caldelas, para pasear pola serra, polas corguiñas, polas carreiras de Mazaira e as rúas do Castro, coma no seu día fixo a súa mai.

Bilbiricho é o apodo polo que é coñecida a familia da Matilde Sotelo dende fai máis de cinco xeracións, residindo na Airexa, onde se atopa a casa patrucia.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

É unha nena preciosa e, mira que os nenos cando nacen son moi feos. Un bico moi forte a Ana.

Anónimo dijo...

Ana, de Bilbiricha nada que ten unha nariz de boas proporcións. Os Bilbirichos andan ben de nariz. Isa cativiña é do outro lado do transformador.