miércoles, marzo 15, 2006

Sen pau de palleiro


Logo de 25 anos, voltei a Festa dos Fachos. Oira falar, o longo dos anos, dos cambios que se ían producindo e sobre todo da desaparición da palla. Xa non hai pau de palleiro, a xente xa non ten palla. A imaxe dos palleiros nas airas, a carón das casas nas aldeas pertence a memoria. Hoxe, modernas máquinas trituran a palla e transformana en alpacas, de forma rectangular, que son facilmente apilables, sen necesidade do pau de palleiro. Xa non se encende o lume con palla, xa non se útiliza no estrume, a cama de toxos e palla para o gando, os mozos, xa non viaxan na noite, a pé , de aldea a aldea, para visita-las mozas, con varios fachóns para alumear o camiño e protexerse do lobo. A gran viaxe da modernidade, para ben ou para mal, según se vexa, acadou co pau de palleiro en mans das autoridades municipais. Así, o Concello, para poder facer a festa dos fachón, encarga a unha familia de Quintela que sembre a palla, para poder contar con un bó palleiro pro San Sebastían. O día da festa dende o adro da airexa, vanse facendo fachón pequenos, case todos iguais, que acompañan un gran fachón central que fan empregados municipais. Todo isto acompañado de viño, de mencía e chourizos, en abundancia.

No alambique da memoria, lembro, sendo un cativo, cando o bó do Xesus Baldonedo, o fillo do canteiro do cimadavila, que alugaba o maravilloso lameiro do condiño, espazo da maioría dos xogos da miña infancia, fixome un fachón que foi premiado, non lembro porqué, se cadra porque era o máis bonito, ou mellor feito, ou o máis grande... cada quen levaba o fachón que podía facer ca súa pericia e ca súa palla. A xente ía dende a súa casa ata o adro da airexa e dende alí facíase o recorrido polas rúas do cimadavila e volta ó lugar de inicio, completando unha sorte de circulo máxico de lume, polo entorno da vila vella.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

E vostede moi agudo pero sobre todo un nostalxico. Atesoura un gran coñecemento, debe ser un home de idade. Vese que viaxou moito na noite, co seu pau de palleiro alumeando o camiño, como guía e señal. Que continue a alumear dentro de vostede, e o guíe sen cremalo.

Anónimo dijo...

E vostede moi agudo pero sobre todo un nostalxico. Atesoura un gran coñecemento, debe ser un home de idade. Vese que viaxou moito na noite, co seu pau de palleiro alumeando o camiño, como guía e señal. Que continue a alumear dentro de vostede, e o guíe sen cremalo.

Anónimo dijo...

Iste ano a festa estivo moi cuncurrida. Atopei xente que facía moito tempo que no vía. Parece que cada ano ista festa vai collendo forza ainda que os fachóns sexan todos iguais como dí Bautista.

Bautista Sotelo dijo...

Non contaches que o conselleiro de medio ambente foi o encargado de prende-lo lume diste ano.

Anónimo dijo...

Iste ano coincidiu moi mal no calendario, parece que foi un xovés, pero para o ano cae en venrés. Alí estaremos para pasea-lo noso fachón.

Anónimo dijo...

Canto máis lonxe estamos do castro, mais emocionan istes recordos de cando eramos nenos.
Hoxe emocioname ista lembranza.
Noraboa. Por certo, ven a miña memoria outra lembranza da infancia; Lembrades as comadres e os compadres, que saían nas datas proximas o entroido? ¿xa non se fai?

Bautista Sotelo dijo...

Lembrome ben das comadres pero non sei se seguen a representarse, aqueles momentos do entroido, da mesma maneira. Esperamos que alguén nos conte...?