viernes, marzo 03, 2006
Neve, abundante, no Castro
Un amigo de Pontevedra, que andaba de investigación pola ribeira, enviome esta fermosa foto da praza do Prado. Dixome ".. ahà tes unha proba da pouca vida do teu pobo". "Nin unha persoa, nin un can, nin coche, nada de nada...soio neve, moita neve".
Que esperaba, iste mozo de Pontevedra, ver a xente de Caldelas facendo monecos de neve...?
A neve unifica todo, devolve o branco e negro a vida, moderando o protagonismo de todos os elementos que conforman este espacio. Senón fora pola cabina de teléfonica, como elemento da modernidade, a praza do prado poderÃa pertencer a outro tempo.
Din que a xente foi en masa, iste fin de semana, a Mazaneda. Xa facÃa tempo que non nevaba tanto. Velaà unha posibilidade de riqueza para a zona, a través diste tipo de turismo, si a neve nos visitara máis amiudo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario