sábado, noviembre 04, 2006
Mozas de Caldelas con mantilla española
A foto foi atopada nos arquivos persoais da Margarita e da familia Movilla. Está feita polo meu pai, Xoán Bautista Sotelo Blanco, no adro da airexa, diante do cruceito, alá polos anos 60. As mozas representan a "flor e nata" da vila. Entre as mozas poido identifica as seguintes: Margarita, Aurorita, Cachí, Macuca, Piediña, Isabelita, Manolita, Marisa Amor e María Mercedes...; Cubren a cabeza e os hombros coa tradicional mantilla española negra e algunhas combinan esta mantilla coa peineta negra, posiblemente, de carey. Na man a maioría levan un rosario. Os texidos, encaixes, da mantilla, soían ser de Blonda, Chatilly e Tul e estaban feitas con formas vexetais bordadas. A mantilla negra soía levarse en acontecementos sociais, bodas (mantilla branca), actos relixiosos, funerais; o longo da mantilla debía ser proporcional á persoa que a viste. Pola parte dianteira tiña que chegar ata altura das mans e pola parte traseira uns dedos por baixo da cadeira. Nunca debe ser máis longa ca falda. A mantilla parece que representaba certo recollemento, propio, por exemplo, da seman santa. Soia ser un pequeño tesouro nas familias e gardabase envolta en papel de seda.
A moza segunda, escomenzando polo lado esquerno, vai cos brazos descubertos, en contra do protocolo polo que, según me contaron, armouse unha boa. Así eras as cousas.
Para moitas persoas a mantilla española representa un elemento típico do folclore franquista. Agora utilizase pouco ainda que hai famosos diseñadores de moda que a utilizan nos seus pases de modelos e persoaxes famosos das revistas do corazon, lucenas cando visitan o Vaticano.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Si no me equivoco la que parece rubia es Conchita la tía de Alfredo y Manolo.
Muy bonita "foto"
Penso que non. A que tí identificas como rubía é unha señora que viña todos os veráns e que vivía no Cima da Vila. Non lembro o nome.
Mozas, Bautista..., pode que sí pero algunhas, pola vestimenta, parecen cincuentonas e outras non o parecen senón que o son. Moi interesante a foto do teu pai que reflexa como eran os sesenta en Caldelas. Como verian esas mozas eses movidos anos. A miña nai non sabe nen que existiron.
Entrei onte para opinar sobre esta preciosa foto ,que tamén eu conservo ,pero algo debín facer mal que o comentario non saiu. Hoxe ,con máis calma ,retomo a cuestión para decirche que lembro perfectamente aquel día dos Remedios cando teu pai nos retratou ó pé do cruceiro e tamén lembro o rigor e profesionalidade que sempre mostraba no seu traballo, polo que comprendo perfectamente a túa postura no tema de "Memoria dun territorio ", debate no que non quero entrar porque non coñezo o libro.
Dende a miña perspectiva de moza de entón e cincuentona de hoxe contéstolle a Manolo Revirado que esa decada dos sesenta e principios do setenta de intensa axitación política e apertura cultural nos paises desenvolvidos ,transcurría no Castro sen pena nen gloria. Con dúas canles de televisión, a música de Elvis, os Beatles e os Pequeniques ,algunha que outra película de arte e ensaio e a lectura de todo o que caía nas nosas mans , a mocidade de entón viamos cumpridas as nosas inquedanzas, o do maio francés soubeno pasados moitos anos.Ás veces penso como con tan pouco podíamos ser tan felices, pero eso daría para un debate moi longo .A pesar de todo fago meu o título da famosa serie de televisión " Aquellos maravillosos años"
A capacidade da fotografía para evocar, para despertar a memoria, é extraordinaria. Como documento, como vehículo de creación. A obra do fotógrafo galego Vieitez contén eses dous compoñentes, o de documento antropolóxico e o de obra de arte. Na literatura eso está tamén no debate sobre a ruptura de xéneros, entre a ficción e o documento. Sobre o poder de evocación das imaxes trata toda a obra de Sebald, que rompe esas fronteiras e que escribe desde o desarraigo cousas que podemos sentir extrañamente próximas. De unha imaxen surxe un universo. Tamén esta foto das mulleres contén un universo. Unha sociedade pechada e represora. ¿Eran conscientes? Seguro que elas estaban cheas de soños e esperanzas. Como sería hoxe a mesma foto coas rapazas de vinte tantos nos Remedios 2006 ?
Non caíra en que podía estar feita nos Remedios. Pensei que sería a principios dos sesenta pola edade das mozas, ainda que está pola vestimenta, nótase que fai calor.
A maioría das mozas miran para esquerda, algo estaba a acontecer nese intre que desviou a súa atención. O mellor alpha pode lembrar que pasaba fora da foto...
Cal sería a razón da foto. Era pola mantilla, era porqué eran amigas... ou foi o fotógrafo o que provocou que se xuntaran...?
A razón non foi outra que a decisión que tomaron os organizadores da procesión do día oito ( durante moito tempo encargouse desta tarefa o finado Pepe Varela)pola que as portadoras de estandartes , cintas da virxe e demais fomos ataviadas de tal xeito.
O que non teño claro é de quen partiu a idea do posado, nen se algo extraordinario ocurría o noso arredor.
Publicar un comentario