domingo, noviembre 12, 2006
María Nicanor no Guggenheim de Nova York
En poucos días o Museo Guggenheim de Nova York inaugura unha importante exposición de pintura española. Sobre esta exposición escribe Manuel Vicent hoxe no Dominical do diario El País. "Pintura española de El Greco a Picasso: El tiempo, la verdad y la historia" reunirá 170 obras, prestadas por diferentes museos e coleccionistas privados españois. Os comisarios son Carmen Giménez, antiga directora do Museo Picasso de Málaga, e Francisco Calvo Serraller, crítico de arte e exdirector do Prado. Nesta exposición participa tamén María Nicanor, filla de Nicanor Gonzalez, de Sas de Penelas. María marchou a Nova York a completar os seus estudos en Historia da Arte que rematou en Madrid. Hai xa un tempo que traballa no Museo Guggenheim como coordinadora de exposicions. Na organización desta mostra de pintura española, María leva traballado moito, a carón de Carmen Giménez.
A casualidade fixo que María, que acompañaba a un grupo de periodistas americans nunha viaxe para coñecer alguns dos Museos que prestan obra para esta exposición, atopouse no MNAC de Barcelona con Charo Canal, sen saber que de mociñas correran polas mesmas corredoiras. Descubrironno de casualidade, porque coincidiu que sentaron xuntas na mesa á hora do xantar, entre periodistas de Nova York, a directora da oficina de turismo de España en Nova York e a xefa de prensa de turismo de Barcelona. Resultou que a conservadora do Guggenheim de Nova York, tiña raíces en caldelas e a anfitriona catalana, tamén. O mundo é un pañuelo? cheo de caldelaos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Gracias Bautista por ofrecer información sobre gentes de la zona. Me parece muy interesante.
Unha xeografía human complexa e moi valente.
E é guapa e nova esa moza que se foi tan lonxe.
Vamos a ver, Nicanor é aquel home que traballara d¡moitos anos na TVE2?
Si, o mesmo.
Enrique Nicanor foi director da segunda cadena de TVE e un realizador de prestixio. Ainda hoxe, falando con xente de TVE, nun momento histórico e moi delicado para a televisión pública en España, o recordan perfectamente. Debe ter moitas historias interesantes que contar.
Publicar un comentario