miércoles, noviembre 01, 2006
Historia dun catro latas
Tantos viaxes e penalidades por las estradas de Mazaira para acadar abandoado nunha esquina da aira, debaixo dun castaño. Cando te aparcaron a última vez, nin en soños imaxinabas que non voltarías a moverte. Un día levaches un rebañiño de ovellas á feira da vila, outro día houbo que levar ó Farruco ata o médico por unha enchenta de figos. Nun Nadal, de moita neve chegaches a tempo ata San Clodio para que os primos colleran o Sanghai que ía á cidade dos prodixios. Cantas veces levaches o peso dunha vaca na vaca. Abundaba o petroleo e ainda así pouco máis gastabas ca un chisqueiro. Nin un pasamento como merecías e cando xa pensabas que chegarias a ser lata de conserva... non... non... non... o pago é unha condena a vivir para sempre baixo o castaño, ata que te descompoñas. Espido, no último momento da vida, soio ante a natureza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Este catro latas contribúe tanto ó feísmo como as construccións realizadas nos pobos a machada.
Tes razón. Esa era a idea.
Publicar un comentario