
A miña prima de Nova York infórmame de que o Galileo chegou a cidade dos rañaceos. Entro na páxina do New York Times e sorprendeme unha interesante reportaxe sobre os diferentes recunchos, pobos, monumentos e restaurantes aos que a xornalista chega da mán do director de cine Jose Luis Cuerda, afincado perto do Carballiño logo de rodar a “Lingua das bolboretas”, basada no libro de contos de Manuel Rivas.

Según os xornais o director de “El Bosque animado” xa empezou a rodaxe en Ourense da versión para o cine do libro “Los Girasoles Ciegos” e parece que a película vai ser filmada, entre outros lugares da provincia, en Montederramo.
2 comentarios:
Eu tamén o vin o outro día e levei unha gran alegría o ver a miña terra nun xornal deiqui.
Esqueces Bautista que foi engaiolado por unha antropóloga de Allariz que o asesorou na Lingua das Bolboretas. Entre tanto amor e viño non atopa a saída.
Publicar un comentario