Onte poidemos ver a versión cinematográfica baseada na novela de García Márquez. Gustoume bastante. Sempre é dificil porlle imaxes a unha novela e coido que Mike Newel, un director que non coñecía ata agora, fixoo bastente ben. A película é moi veroximil e a interpretación dos actores e moi boa. Bardem é capaz de meterse na pel dun vello namorado, un pouco alelado, que espera a súa oportunidade con Fermina Daza. Buscando imaxes atopei este curioso video no que Gabo dí que a historia na que basou a súa novela é real...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Hai anos que lin o libro e moito me gustou, coma case todos os de García Márquez,pero non vin a película. O tema principal da banda sonora interpretado por Sakira,que aquí che enlazoBanda Sonora paréceme tan sentido e melancólico , que tamén me gusta moito.
Os temas de Sakira vanse mezclando o longo da película e quedanlle moi ben. Ata agora soio lles gustaba Sakira os cativos pero xa nós chegou a nós tamén o seu forte sentimento.
Por certo, alpha como logras facer un enlace nun comentario. Non vexo por ningures a ferramenta.
É moi sinxelo. Mándoche o "protocolo" para facelos o teu correo.
Publicar un comentario