martes, enero 29, 2008
Unha balada para Carlos Furakao
Un comentario de Altazor, do Pontelouco, ponme ao tanto de que Carlos Domínguez, agora Carlos Furakao, está participando nun concurso "100 Pipers Music" e polo que se ve, de momento está escalando postos e vaille a zaga ao primeiro, ca súa canción. Con un tono un pouco canallesco, con ecos de Sabina, Carlos despachase bastante ben cantandolle ao amor, "hoy ocupo el cielo yo". Este caldelao traballa na TVG como cámara e xa, no seu día, atreverase ca literatura infantil, con bastante éxito, "O gato de la". Carlos Furakao conta con páxina en MySpace na que se poden escoitar tres cancións máis e ler cousas súas inspiradas no Castro. Moitos éxitos, na túa nova aventura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
15 comentarios:
Algo sabía das afeccións literarias e musicais do amigo Carlos, así que xa votei.Espero que teña sorte no concurso e xa fóra del poder velo, algún día, nos corenta principais.Aúpa rapaz!
Eu espero velo en radio 3 (jejeje), pero bueno. Gracias Bautista por facerte eco do que che contei, so unha cousiña: na entrada fóiseche a man e cambiaches o T de "Altazor" por M, se non che importa correxilo... é importante para min. Moitas gracias outra vez
Xa ten outro voto que lle acabo de dar eu. alegraríame que ganara,a canción é pegadiza.a voz xustiña pero como somos amiguetes para mim a mellor
Casi 1 millon de votos de 10 dias!!!!
Anda yaaaaaaa!!!!! No se lo cree nadie.
Si ves sus votos y le das a F5 ves como van creciendo al ritmo de 3 o 4 por seg. Como sigas así va a parecer que te ha votado media europa.
Tongooooooo
Parece que xa chegou a primeira posición.
Non está mal. Faino bastante ben. Gustame ese punto de granujilla de medio pelo.
Polo que se ve hai vida máis alá dos cuarenta.
Temos caldelaos rockeiros tamén que guayyyyy. Suerte.
Moi ben non canta, as cousas como son pero a canción é pegadiza e gusta.
si o punto sabiniano quédalle moi ven. Sorte Carlos.
Non é fácil porse a tocar. Hai que ser moi valente.
Ánimo Carlos.
Propoño un tema para unha canción, se tes a ben facerme un pouquiño de caso, como aquel día que me propuseches ir a ver a lúa o cementerio, que pouco lle faltou para que me engaiolaras. Bueno, no último momento, dinme conta que o teu interés non era polos astros, canalla, que eres un canalla...
— decadencia do rural: os novos foronse e os vellos van caindo un a un. Ponto de vista do último morador, como no libro de Llamazares "La lluvia amarilla".
Ah, estaría ben que fora en galego, coido que se notaría máis sentida, a cousa.
Maite, foichese un chisco o sentimento. Sabina faise vello, merca unha casa na ribeira sacra e decide ser o trobador do rural logo de tantos anos a voltas co urbán.
Xa, e cántalle a Penélope que texe e destexe nas Ribeiras de Cristosende.
Perdoa Bautista que de novo "usurpe" o teu espazo. Carlos mandoume unha mensaxe cunha nota informando sobre o "fraude da votación" do seu tema no concurso CO QUE IL NON TEN NADA QUE VER. Está colgado no blog do pontelouco. Recoméndolle a todos os interesados/as que lean as súas palabras e si queres copialo ti para usalo no teu blog sabes que podes facelo sin problema. So vos adianto que dende o dia catro de febreiro o contador de Furakao está a cero... así que si sodes fans, votade si o considerades oportuno, pero sin trampas (non lle facemos ningún favor). Gracias de novo.
Publicar un comentario