miércoles, agosto 11, 2010

Boda, no crepúsculo


Moitos amigos, familiares de Madrid, Algeciras, Londres, Barcelona, Chile e México D.F., acompañaron aos noivos nunha ceremonia baixo o último sol do día. Unha boda a altura da noiva, combidados interesantes, rutas culturais, no paraíso dos surfistas, Puerto Escóndido, no verdadeiro fin do mundo, si o mundo ten fin. Moita relixiosidade para unha apóstata confesa. Na hora crepuscular, entre lusco e fusco, Mariña e Anjali entregaron os anelos a Rafa, que oficiou a ceremonia, e deu mostras de ser máis que un amigo cando lle intentou poñer o anelo a Emiliano. Marcela tremeu, María e Patricia saindolle ao paso e impedirón, no último intre, que as arras se confirmaran entre os dous amigos. Moito mexicano, de orixen español, gran parte dos amigos de Emiliano veñen do Colexio Madrid, unha institución fundada polos exilados republicanos, onde dín que cada día se escoita o hinno da republica. Paula Canal, un dos activos de Anagrama, casa co escritor méxicano Emilino Monge. Endogamia transatlántica do sector do libro.

Unha boa excusa para facer viaxar por México, ata o Pácifico, a familiares e amigos, coñecendo lugares e xentes extraordinarias. Moito baile, copas, festa, música baixo unha palapa a carón do Pácifico.

No hay comentarios: