sábado, agosto 28, 2010

O Prado, un espazo en transformación


Pouco a pouco a praza de O Prado e os seus espazos anexos van sendo rehabilitados e ordeados. Unha man invisible, dende o Concello vai transformadoo todo. Agora tocoulle a zona que da acceso a unha parte das Laguiñas, a carón do Concello. Tamén a fonte foi rehabilitada. Nestes días andaban retirando as máquinas e ferramentas. O “forno” abriu tenda de bicas, no altiño, axudando na mellora e recuperación da actividade da zona.

O espazo peatonalizado, fonte de controversas nun tempo recente, frente ao Grilo e O Rubio foise consolidando. Moitos coches que pasan pola estrada, ven o ambiente, e paran a tomar algo, e coido que non é polo aparcamento. O Mingos dí que él foi o que saiu peor, pero recoñece que a cousa mellorou moito para os dous negocios. Os bares que están fora da praza protestan, a xente quedase demasiado tempo sentada na praza e o negocio non corre para os demáis. Acaso quererán máis peatonalización...?, convencerá o Cuchú a Pura para cambiar os zapatos por botellas...?. O seu local é un dos mellor ubicados, lonxe da estrada, o máis tranquilo. O tempo o dirá. Moitos dín que o que falta é un novo restaurante que aumente a oferta actual. Moitos dín que aos coches que aparcan alí quedanlle dous telediarios. A veces soio hai que mover a gran pedra para que colla un pouco de forza e comence a rodar.

Pero a cousa non debe de ir tan ben. Fai uns días o Mingos zarandeaba unha señal do catamarán, no cruce da estrada de Monforte. Achegueime onda él, por un momento case me preocupou, pregunteille que que lle pasaba ca señal, e díxome que estaba peligrosa, que estaba mal alí, que calquera se podía facer daño, logo que os de Iberdrola andan facendo un tunel, e que o “forno” abría unha nova tenda, e que a bica de noces e roxos da Malena non ten igual.

Así foi como deixei o Castro, preparado para recibir as festas. Este ano grandes carteis anuncian que serán Hollywood e Manhattan as que animarán as noites de setembro.

9 comentarios:

Gregorio Castro dijo...

La zona de terrazas es muy agradable y el ambiente también y no hay el peligro de que un loco con su coche se te venga encima.

galiciaenelpaisdelasmaravillas dijo...

Es inevitable hacer comentarios después de leer lo que dices:
osea que para Mingos el hecho de que le vaya peor es porque a los demás les vá mejor?...no sé si he entendido bien...
Y bueno...lo de agitar la señal del catamarán...no lo entiendo...creo que habría que enfadarse más bien por las negativas consecuencias de anunciar algo inexistente...más que porque moleste...(no entiendo nada...)

Bautista Sotelo dijo...

Bueno, son comentarios, tal como foron oidos ou interpretados...hai moitas cousas que eu tampouco entendo...ese era precisamente a idea que pretendía transmitir. Saúdos

Anónimo dijo...

É a enerxía que move o Castro. Lástima que non haxa máis competencia noutros campos. De momento vai gañando o Rubio 2-1, tocalle mover peza ao Grilo.

Anónimo dijo...

Eu tamén penso que a praza vai ganando pouco a pouco. Vaise convertendo nun verdadeiro lugar de encontro. Fora coches xa.

Anónimo dijo...

De momento a praza do Prado só se pode dicir que é un auténtico caos. A veces aparcas e pra sair tés que armarte de paciencia ata que consigues que che saquen os dous ou tres coches que hai detrás do teu. Ali os deixan e... ata logo.

Javier Diéguez López dijo...

Non só o Prado esta a mellorar, eu penso que tamén o casco antigo está a ter os seus retoques. O coches fóra do Prado estarían ben, pero terían que facer algunha alternativa para aparcar. Eu penso que a oferta de prazas de aparcamento estase a quedar pequeno. Como dí o comentario anónimo anterior a Praza estase a converter nun caos.

Bautista Sotelo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Bautista Sotelo dijo...

Coido que hai transformacións importantes que mostran un esforzo e interés en cambiar as cousas na praza de O Prado e as zonas anexas. Imaxino que sacar os coches —totalmente— queda para un segundo momento, cando atopen onde colocalos. Creo que as cousas vense de outra maneira, todo é posible e isa era a idea que eu quería trasmitir. Saúdos.