domingo, marzo 05, 2006

Antón cumpre catro anos

Fai uns días Antón cumpriu catro anos. Moitos colacaos, kiwis, macarrons e, sobor de todo, o leite da súa mama, fixeron o milagre; facer crecer iste cativiño que xa da uns saltos que asustan. O mociño xa vai tendo un pouquiño de conciencia social e cando escoita unha canción de Serrat "niño silvestre", que fala dun neno da rúa, dí que se atopa triste e que íl non quere estar soio, que quere estar ca súa mama, co seu papa e co seu bebe. O día da festa de cumpreanos, Antón soplou e soplou ata apagar as catro velas, tivo sorpresiñas e regaliños, coma o da súa abóa, que lle enviou unhas poesías e a súa amiga Helena e Lucía regalaronlle o fermoso debuxo que eiqui vemos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa Antón.

Anónimo dijo...

Antón xa é grande, e moi "asenyat", como dicen en Catalunya. Devanalle a cabeza moito, ten moitas razóns para todo, e querelle a súa irmá, Mariña. Dice que lle gustan os seus bicos e agarimos. O outro día, por primeira vez, empezaron a xogar xuntos os dous. Corrián arredor da cociña que se mataban.