domingo, octubre 29, 2006

Adriana Canal, unha caldelá en Sri Lanka


Adriana foi imaxinada en alta mar, a súa mai vivía xunto co seu pai, xefe de máquinas, nun barco, e percorrían o mundo facendo cruceiros. Ainda así, a neta da Marina naceu a mediados dos setenta, na cidade de Madrid. Viviu os seus primeiros anos en Vigo, unha cidade desordeada pero con paisaxes moi fermosas, difíciles de esquencer, cando un se vai mudando de residencia en función do traballo do pai.

Xa mociña, voltou a Galicia, ilusionada ca idea de estudar na universidade de Santiago. Logo quedaría defraudada pola calidade da facultade de Psicoloxía. Na praza de Mazarelos, frente á sede da facultade de historia, un mozo austríaco acercouselle a preguntar pola praza da Quintana dos Mortos. Ela ofreceuse a acompañalo e xa non deixaron de camiñar xuntos.



Adriana e Richard representan o mellor dunha xeración con forte vocación de solidaridade e cooperación cos desfavorecidos da terra. Pode parecer que ben pouco se pode facer pero, si cambiamos o punto de vista e por un momento nos poñemos no pelexo desa xente, entenderemos que o que nos consideramos pouco para eles é moito. É a semilla de Caldelas polo mundo. Unha proba de gran vitalidade.

Richard é enxineiro da universidade de Cambridge e ela psicopedagoga. Decidiron adicar o seu tempo a participar en proxectos que melloren a calidade de vida da xente do terceiro mundo. Adriana traballou con discapacitados mentais en Bratislava, máis tarde traballou en Londres, dando apoio psicológico a refugiados políticos latinoamericanos. Estivo en Tailandia, Laos e Camboya e traballou como voluntaria nun orfanato para nenas con parálisis cerebral en Bangkok.

Richard estivo en Afganistán, traballou nas obras do metro de Londres, traballou reconstruindo casas en Sri Lanka, nas zonas afectadas polo tsunami, logo traballou como consultor para ACNUR, e agora taballa para un empresa que fai proxectos como prantas eléctricas, hoteis e fabricas no mesmo pais. Un pais do tamaño de Galicia con 20 millons de persoas, e que conta con 71 ministros que son case todos familiares e amigos do presidente.

Adriana estaba traballando con psicólogos sin fronteras en Batticalo, pero foi evacuada a Colombo, polos conflictos políticos e a guerra coa guerrilla Tamil. En Colombo vive actualmente con Richard e acaba de encetar un blog no que nos irá contando cousas dises lugares da aldea global dos que casi non chega información. Pronto daremos conta do enlace e estará entre os meus favoritos.

16 comentarios:

Bautista Sotelo dijo...

Tiña pensado facer algo sobre ise libro pero cando vin as fotos do meu pai, Bautista Sotelo Blanco, sen facer a máis mínima referencia os seus dereitos morais, o que ía a decir non ían a ser frores precisamente. Pensei incluso en querellarme contra os seus editores e pedir como medida cautelar a retirada da edición do mercado pero a idea de que seguramente os seus editores non sabían o que facían freou o meu pronto.
Cartos públicos e moitos para un traballo sen o máis mínimo criterio científico.

Anónimo dijo...

A min os sutores pedironme tres fotos, e malo poden facer constar o autor cando nin eu o sei. O mellor resulta que é teu pai pero dende logo eu non o sabía. Creo que o libro está moi ben e feito con cariño. Parece mentira que cada vez que alguén fai algo polo Castro o único que hai son críticas. Bautista deberías reflexionar, este é o mesmo caso que o que promoves ti pola Praza. Aquí móvese alguén e o único que recibe son paos. Dende logo decepcioname moito o teu comentario

Bautista Sotelo dijo...

É unha boa iniciativa, pero o resultado, dende o meu punto de vista, deixa moito que desexar. Porqué se viran fotos que nunca estiveron viradas. Qué criterio temporal se utiliza. Soio hai un criterio temático. Como se identifican as fotos e o seu orixen. Xa non falo dos dereitos de explotación, pero os morais ( nome, título...) etc. Como vós esqueces dun dos fotografos que máis fotografiou entre os anos 55/75. Non entendo os criterios dese libro. Como ves, con un pouco de rigor profesional, o resultado sería outro.

Respecto da praza... nunca dixen como se tiña que facer. Falei sempre dun especialista. Penso que o matiz é importante.

Sinto que che decepcione o meu comentario. Merquei ilusionado o libro na librería cando o vín e tiña intención de facer algo. Logo o ir mirando e ver a maneira de enfocar o libro a miña ilusión desapareceu o ver tanta torpeza. Descoñezo quenes foron os responsables...

Anónimo dijo...

A min tamén me sorprenden os teus comentarios as veces Bautista, si amigo si. Deberias moderar o ton no que as dis. Eu creo que é un bó traballo, algo no que ninguén pensara en Caldelas e que houbo quen o fixese. Constame que un colaborador do libro, e dos principais compiladores e un verdadeiro experto en fotografía antiga, falo de Tomás Vega Pato, un dos mellores fotografos e etnografos de Ourense. O mellor o problema e que ti non entendes suficientemente o libro. Unha forte aperta dun aamigo

Bautista Sotelo dijo...

Soio podo xuzgar a quen fixo o traballo polo resultado. Non coñezo outros traballos de Tomas Vega Pato.
Farei nunha entrada no meu blog sobre o libro. Haberá debate e que cada un diga e mostre a súa opinión. Non farei o mesmo ca vós o silenciar a XOAN BAUTISTA SOTELO BLANCO.

Preparo un libro sobre as súas fotos dende fai varios anos. A calidade do resultado frea calquera prisa en publicalo.

Eu e a miña familia, herdeiros dos dereitos da propiedade intelectual das fotos de Xoán Bautista Sotelo Blanco houberamos deixado gustosos fotos para o devandito libro pero e que nin sequera nos enteramos de que se estaba a facer...

Anónimo dijo...

UUUffff que humos!!!!....A mi tampoco me gusta como te estas tomando este tema. Creo que hay que rebajar la tensión. Yo creo que cuando alguien particular cede una foto para un tema como este no sabe de quien son las fotos. No creo que nadie hubiese hecho nada a mala fe, sino todo lo contrario.

Anónimo dijo...

É posible que teñas razón. Non creo que houbera mala fe, por iso decidin esquecer o tema, ata que tí o propuxeches. Pronto se publicará unha entrada e poderas dar a túa opinión. Temos interés en coñecer como se elaborou.

Anónimo dijo...

Tamén a mín me pareceu ese livro unha decepción grande. Sen criterio, sen rigor. Unha lástima. E se foran cartos privados, que cada un faga o que lle pareza. Pero con cartos públicos non.
Entendo o enfado do Bautista. Seica na resposta ó comentario do Caldelao, que creo que era ben intencionada, a modo de suxerencia, deixou ir todo o cabreo. Eso non quita que teña razón. Eu creo que non hai mala intención, soio descoñecemento. Pero tamén a ignorancia é terrible! Que haxa que apoiar as iniciativas que nacen no Castro, é certo. Máis ésta creo que consegue xusto o efecto contrario do que pretende. Sepulta unh parte valiosa de historia. E non creo que seña comparable co tema da praza porque aquí afecta os dereitos morais de personas concretas. É un tema delicado, pero seguro que o Bautista saberá explica-lo.

Anónimo dijo...

Bautista, creo que cando o amigo fala da praza refierese a que a tí, por promover o da praza, caeronche inxustamente moitos paos. Non creo que te acuse de actuar con falta de criterio, metendote nun terreno no que hay que deixar aos profesionais. ¿Non é?
Estou a poñer panos quentes... O do teu pai, considero que é gravísimo. Mais non é culpa dos particulares que aportan as foto, senon dos autores. Desgraciadamente, moita xente ainda non sabe que as fotografías teñen un valor como creación, que teñen un autor. Que non o sepan os particulares pode ser normal. Mais cando te metes a facer un traballo coma éste, e con cartos públicos, tes que ser riguroso. E hai máis cousas. No verán, cando o livro caeu nas miñas mans, estiven tentada de escrivir unha carta ao director, na rexión. Deixeino pasar entón. Pero creo que estaría ben debatir sobre o tema do livro de unha maneira serena, seria e obxetiva. Que ti estés a preparar un livro recollendo o traballo do teu pai creo que pode ser moi interesante, é unha moi boa idea. En todo caso, será con cartos privados, e se fas un mal traballo, sen rigor nin contido, pois arriscaste á crítica, coma todos. Pero cos teus carto.

Anónimo dijo...

e que ten que ver a moza de sri lanka coas fotos antigas???

Anónimo dijo...

Vexo que algunha persona respetuosa coa liberdade de expresión entrou no último post, o do livro, e volcou ahí un diario enteiro. Supoño que coa intención de reventar o tema. Moi bonito! Que ben sabemos recibir as críticas!

Anónimo dijo...

Repito aquí o que escribin arriba, e que seguro que quedará sepultado pola basura que algún simpático volcou no teu blog, Bautista. Despois acusante de "resentido"!
Que espectaculo tan bonito! Que ben se aceptan as críticas. Perdestes o norte ou qué? Os comentarios sobre o livro creo que son bastante obxetivos e argumentados.

Non se están a criticar erratas. estase a criticar unha falsificación da historia! Tamén a vos o saúdo fascista vos parece o saúdo habitual? A mín ofendenme esas cousas.

Anónimo dijo...

cando se critica, conven decir por qué
as críticas de bautista ó libro están moi claras, e veñen de alguén vinculado ó mundo editorial, logo sabe de qué fala
recomendo leer de novo a súa explicación, eu fun testemuño da súa impresión cando vimos ó libro (en canto soupemos da súa publicación fumos a mercalo, con ilusión, o resultado foi unha gran decepción)
coincido con él en que o libro é unha chapuza, ó mesmo traballo de recopilación podería dar moito mellor resultado se se fixera con mais rigor (e non me digas que ten rigor, a foto do Mario de Langullo en Manzaneda?????)
por outra parte ó que dí que cando algo se move no castro ó que se recibe son paus, diríalle que ó movemento non é excusa para facer as cousas de calquer xeito, que tristemente é unha tendencia moi frecuente

Anónimo dijo...

Podesnós indica-la dirección do blog da moza cooperante. Gracias.

Anónimo dijo...

Lo siento pero aun no he tenido tiempo de sentarme en serio a escribir en la blog. Cuando este lista Bautista escribira la direccion en este blog.
Un saludo

Sbl dijo...

EU tamén quixera le-lo blog da gelega cooperante... gostaría de coñece-lo enderezo.
E respecto aos comentarios... dicer que Por qué decepciona o feito de que unah persoa exprese a súa opinión diferente á de un? Non o comprendo. cadaquén que opine o que queira...cadaquén ten o seu punto de vista...