sábado, octubre 28, 2006
Verónica, o don da ubicuidade.
Non está todo perdido no Castro. Hai xente moi lacazá pero hai outros que se moven moito. Sen duda é terra de extremos. Iste verán Verónica botounos unha man cos pícaros levandoos ás tardes ó parque infantil, que hai no adro da airexa. Sabía que Verónica facía moitas cousas: estuda, coida ó irmán, ten noivo en Mazaira, axuda a súa mai e logo fai algún traballiño de canguro. Sabía que tocaba na banda de gaitas e que ademáis cantaba no coro Lembranza.
O día da festa da luz, fumos ver a procesión e as danzas das cocas. Logo, acerqueime a ver a fermosa airexa de Santatecla e os seus retrablos e vín como se ían turnando o coro Lembranza e a banda de gaitas o longo da misa. Vín que se movía moito a Verónica, de un lado para o outro e, caín na conta, que por momentos tocaba o bombo na banda e cando esta paraba, deixaba o bombo e marchaba ó lugar onde estaba o coro a cantar e así, subindo e baixanso da tribuna, no tempo que dura unha misa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
¡Qué actividad Verónica, enhorabuena!
Esa procesión y esa iglesia son entrañables.
que envidia tanta energía. ¿Será algún día una veraneante más en el Castro?
verónica eres unha persoa increible, oxala todo o mundo tivese tanto ímpeto coma ti.parecesme xenial e guapisima. e moi bonito pararme a ver estas fotos e traballos tan fermosos. un bico e moita sorte merecelo segue sendo igual de traballadora coma sempre
oxala todas as persoas do castro sexan tan interdsamtes coma ti. ai que pasarse por ali
Publicar un comentario