martes, octubre 31, 2006

Memoria dun territorio, 1890-1975


Hoxe vou falar dun libro de fotos antigas promovido pola Asociación para o desenvolvemento rural do Pais do Bibei - Ribeira Sacra do Sil, que saiu do prelo o 17 de maio, coincidindo co día das letras galegas. O libro e obra de Isauro Pérez González, Mario Rodríguez González e Eladio Osorio Montenegro. Conta ca colaboración de Tomas Vega Pato, ainda que non se nos dí onde, nin como?

Trátase de unha iniciativa de gran calado pois abarca case un século de fotografía, indo case ó momento do nacemento da fotografía. A idea do libro é, según reza, "contribuir á posta en valor do potencial turístico do territorio e á difusión da súa riqueza cultural". Dín os autores na súa introducción que "esas imaxes constitúen valiosísimos documentos para o estudio da antropología social". "Na fotografía atoparémonos con imaxes de persoas entrañables ou de gran popularidade; con paixases urbanas ou edificacións que o século XX destruiu en aras dun mal entendido progreso; esceas de festas, e manifestacións religiosas; xuntanzas populares e familiares; con actos públicos, eventos deportivos ou lúdicos, etcetera".

O libro elixe unha estructura de sete apartados temáticos nos que se van metendo fotos, que contrastan por abranguer, entre elas, ata 80 anos, pero que curiosamente parecen da mesma época, polo virado unificador e alienador. Un "totum revolutum", sen orden nen cocerto. Os autores da obra viraron a totalidade das fotos e fragmentaron algunha (comisión de festas de Castro Caldelas do 1969), sen explicar a razón de esta manipulación. Notamos en falla, nun proxecto diste calado, feito con cartos públicos, máis rigor á hora de presentar cada foto, intentando ser fieis á memoría que se intenta resgatar.

O libro conta con moitas fotografías de gran valor por revelarnos información a cerca da evolución dos diferentes pobos e das xentes que forman O Pais do Bibei e a Riberia Sacra do Sil; fotos que merecerían ser individualizadas, explicando o seu orixen, o seu formato, a forma da reproducción, o seu estado e o seu autor (si é anónimo, pois anónima). Poñer ó final do libro unha relación de fotógrafos, sen relacionalos ca súa obra, esquence os dereitos morais que garantiza a Lei da Propiedade Intelectual. Nomes importantes como Pacheco, Samaniego, Villar, Xocas, Barrio, López, Reza, Taboada, Covelo, Del Rio, Vega, etc. ven os seus nomes separados das súas fotos, nunha sorte de xogo para ver quen é capaz de relacionar autor e obra.

Na páxina 25, a foto "Maceda, saúdo característico nun sepelio en 1936" é un pé de foto que resulta incomprensible e ataca o propio obxetivo do título deste libro, que non é outro que a "Memoria dun territorio". Títular unha foto que representa un sepelio, no que o público alza o brazo co saúdo fascista, decindo que é "un saúdo característico", non creo que sexa unha boa maneira de resgatar a nosa Memoria. Na mesma páxina "Maceda, xulgados en consello de guerra e despois fusilados, 1937". Cinco homes novos que perderon a súas vidas polas ideas e soio merecen ise pé de foto..? Na páxina 23, a inauguración do lavadoiro en Arboiro, un acto da república, foto do abó do Florencio, un persoaxe moi interesante da época, non merece un pouco máis?? Na páx 45 a foto do Mario de Langullo, dí Manzaneda pero, a foto está feita na praza do prado, un día de feira, e é unha foto moi interesante polo revoo que se armou cando o Mario visitou o Castro, logo da súa volta de Francia. A historía é a que é, e non vale reinterpretala para os máis mozos. O pasado é o pasado, pero está cheo de etapas e matices, non me parece doado mezclar fotos do século XIX con fotos dos sesenta, setenta. Perdoenme, pero non entendo a intencionalidade de esta relación.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

el usuario anónimo dijo...
caldelao said...?¿Sabedes que hai un novo libro sobre Caldelas, Trives, etc... de fotografía antiga? Poderiades poñer algo do libro??12:41 AM ?Bautista Sotelo said...?Tiña pensado facer algo sobre ise libro pero cando vin as fotos do meu pai, Bautista Sotelo Blanco, sen facer a máis mínima referencia os seus dereitos morais, o que ía a decir non ían a ser frores precisamente. Pensei incluso en querellarme contra os seus editores e pedir como medida cautelar a retirada da edición do mercado pero a idea de que seguramente os seus editores non sabían o que facían freou o meu pronto. ?Cartos públicos e moitos para un traballo sen o máis mínimo criterio científico.??10:56 AM ?Anonymous said...?A min os sutores pedironme tres fotos, e malo poden facer constar o autor cando nin eu o sei. O mellor resulta que é teu pai pero dende logo eu non o sabía. Creo que o libro está moi ben e feito con cariño. Parece mentira que cada vez que alguén fai algo polo Castro o único que hai son críticas. Bautista deberías reflexionar, este é o mesmo caso que o que promoves ti pola Praza. Aquí móvese alguén e o único que recibe son paos. Dende logo decepcioname moito o teu comentario??11:35 AM ?Bautista Sotelo said...?É unha boa iniciativa, pero o resultado, dende o meu punto de vista, deixa moito que desexar. Porqué se viran fotos que nunca estiveron viradas. Qué criterio temporal se utiliza. Soio hai un criterio temático. Como se identifican as fotos e o seu orixen. Xa non falo dos dereitos de explotación, pero os morais ( nome, título...) etc. Como vós esqueces dun dos fotografos que máis fotografiou entre os anos 55/75. Non entendo os criterios dese libro. Como ves, con un pouco de rigor profesional, o resultado sería outro.??Respecto da praza... nunca dixen como se tiña que facer. Falei sempre dun especialista. Penso que o matiz é importante.??Sinto que che decepcione o meu comentario. Merquei ilusionado o libro na librería cando o vín e tiña intención de facer algo. Logo o ir mirando e ver a maneira de enfocar o libro a miña ilusión desapareceu o ver tanta torpeza. Descoñezo quenes foron os responsables...??11:55 AM ?Anonymous said...?A min tamén me sorprenden os teus comentarios as veces Bautista, si amigo si. Deberias moderar o ton no que as dis. Eu creo que é un bó traballo, algo no que ninguén pensara en Caldelas e que houbo quen o fixese. Constame que un colaborador do libro, e dos principais compiladores e un verdadeiro experto en fotografía antiga, falo de Tomás Vega Pato, un dos mellores fotografos e etnografos de Ourense. O mellor o problema e que ti non entendes suficientemente o libro. Unha forte aperta dun aamigo??12:08 PM ?Bautista Sotelo said...?Soio podo xuzgar a quen fixo o traballo polo resultado. Non coñezo outros traballos de Tomas Vega Pato. ?Farei nunha entrada no meu blog sobre o libro. Haberá debate e que cada un diga e mostre a súa opinión. Non farei o mesmo ca vós o silenciar a XOAN BAUTISTA SOTELO BLANCO.??Preparo un libro sobre as súas fotos dende fai varios anos. A calidade do resultado frea calquera prisa en publicalo. ??Eu e a miña familia, herdeiros dos dereitos da propiedade intelectual das fotos de Xoán Bautista Sotelo Blanco houberamos deixado gustosos fotos para o devandito libro pero e que nin sequera nos enteramos de que se estaba a facer...??12:18 PM ?Anonymous said...?UUUffff que humos!!!!....A mi tampoco me gusta como te estas tomando este tema. Creo que hay que rebajar la tensión. Yo creo que cuando alguien particular cede una foto para un tema como este no sabe de quien son las fotos. No creo que nadie hubiese hecho nada a mala fe, sino todo lo contrario.??12:49 PM ?Bautista Sotelo said...?É posible que teñas razón. Non creo que houbera mala fe, por iso decidin esquecer o tema, ata que tí o propuxeches. Pronto se publicará unha entrada e poderas dar a túa opinión. Temos interés en coñecer como se elaborou.??1:22 PM ?Lucía said...?Tamén a mín me pareceu ese livro unha decepción grande. Sen criterio, sen rigor. Unha lástima. E se foran cartos privados, que cada un faga o que lle pareza. Pero con cartos públicos non. ?Entendo o enfado do Bautista. Seica na resposta ó comentario do Caldelao, que creo que era ben intencionada, a modo de suxerencia, deixou ir todo o cabreo. Eso non quita que teña razón. Eu creo que non hai mala intención, soio descoñecemento. Pero tamén a ignorancia é terrible! Que haxa que apoiar as iniciativas que nacen no Castro, é certo. Máis ésta creo que consegue xusto o efecto contrario do que pretende. Sepulta unh parte valiosa de historia. E non creo que seña comparable co tema da praza porque aquí afecta os dereitos morais de personas concretas. É un tema delicado, pero seguro que o Bautista saberá explica-lo.??6:05 PM ?Lucia said...?Bautista, creo que cando o amigo fala da praza refierese a que a tí, por promover o da praza, caeronche inxustamente moitos paos. Non creo que te acuse de actuar con falta de criterio, metendote nun terreno no que hay que deixar aos profesionais. ¿Non é??Estou a poñer panos quentes... O do teu pai, considero que é gravísimo. Mais non é culpa dos particulares que aportan as foto, senon dos autores. Desgraciadamente, moita xente ainda non sabe que as fotografías teñen un valor como creación, que teñen un autor. Que non o sepan os particulares pode ser normal. Mais cando te metes a facer un traballo coma éste, e con cartos públicos, tes que ser riguroso. E hai máis cousas. No verán, cando o livro caeu nas miñas mans, estiven tentada de escrivir unha carta ao director, na rexión. Deixeino pasar entón. Pero creo que estaría ben debatir sobre o tema do livro de unha maneira serena, seria e obxetiva. Que ti estés a preparar un livro recollendo o traballo do teu pai creo que pode ser moi interesante, é unha moi boa idea. En todo caso, será con cartos privados, e se fas un mal traballo, sen rigor nin contido, pois arriscaste á crítica, coma todos. Pero cos teus carto.
9:18 AM


el usuario anónimo dijo...
A min o libro gustame, paréceme moi interesante e dende logo é algo que non se lle ocorrera facer antes a ninguén, ou polo menos non o fixera. que o libro ten fallos ou erratas, pos supoño que coma todos; e supoño que como todas as cousas que facemos calquera persoa no día a día. Levo vendo este debate dous días sin ter escrito unha sóa liña o respecto pero hoxe tócame: Parece que cando algo ou alguén se move en Caldelas o que hai que facer é disparar contra el. Bautista non entendo a túa postura de adoecido neste tema. dende logo si aquó houbese un medidor de simpatías a túa estaría a perder moitos enteiros polo "papelón" que estás representando neste debate. Pero vamos a ver non queremos que se fagan cousas en e pola nosa terra?. Pois animemos a xente a facelas (aínda que non estean moiben feitas) e non caiamos na tentación de botarlle terra por riba. Dende logo prodúceme vergoña allea ler os teus comentarios, pareces un resentido (aínda que non sei moi ben de que, nin porque).?Asdo.: M.A.A.R. (Castro Caldelas)
11:14 AM
Yo pensé que sólo había gilipollas en mi pueblo, pero está visto que en el vuestro también. Pandilla de criticones.

Anónimo dijo...

Repito aquí o que escribin arriba, e que seguro que quedará sepultado pola basura que algún simpático volcou no teu blog, Bautista. Despois acusante de "resentido"!
Que espectaculo tan bonito! Que ben se aceptan as críticas. Perdestes o norte ou qué? Os comentarios sobre o livro creo que son bastante obxetivos e argumentados.

Non se están a criticar erratas. estase a criticar unha falsificación da historia! Tamén a vos o saúdo fascista vos parece o saúdo habitual? A mín ofendenme esas cousas.

Anónimo dijo...

Teño ise libro. Regalaronmo os do Concello. Vin o pé de foto do que fala Bautista e certamente é algo moi forte escribir eso, desa maneira. É un libro dunha entidade pública que ten que se rexir por uns principios. Non é unha gran axuda para transmiti-la memoría os máis novos. Pode que os autores non se deran conta. Non sei que é máis grave, neste caso, si a ignorancia ou a mala fe.

Anónimo dijo...

En referencia a lo de no criticar cualquier iniciativa por el simple hecho de ser una iniciativa, puesto que hay muy pocas claro. !Es absurdo! Bautista se cabrea - imagino- porque le indigna que una buena idea tenga un resultado de poca calidad, pues no se trata de hacer las cosas de cualquier manera sino de hacerlas bien. No se trata de que si la peatonalización es una buena idea ahora vaya yo y ponga una valla en la plaza y punto. Por mucho cariño que le ponga al esfuerzo de clavar cada poste.

Anónimo dijo...

fixen o comentario que sigue antes de leer esta última entrada
copio eiqui por que me parece mais axeitado

cando se critica, conven decir por qué
as críticas de bautista ó libro están moi claras, e veñen de alguén vinculado ó mundo editorial, logo sabe de qué fala
recomendo leer de novo a súa explicación, eu fun testemuño da súa impresión cando vimos ó libro (en canto soupemos da súa publicación fumos a mercalo, con ilusión, o resultado foi unha gran decepción)
coincido con él en que o libro é unha chapuza, ó mesmo traballo de recopilación podería dar moito mellor resultado se se fixera con mais rigor (e non me digas que ten rigor, a foto do Mario de Langullo en Manzaneda?????)
por outra parte ó que dí que cando algo se move no castro ó que se recibe son paus, diríalle que ó movemento non é excusa para facer as cousas de calquer xeito, que tristemente é unha tendencia moi frecuente

Anónimo dijo...

por certo, non é unha iniciativa tan orixinal, hay anos que se levan publicados libros niste mismo eido
recordo un situado en celanova especialmente bon, pero tamen varias edicions en trives
pódese copiar a iniciativa, non e malo, pero compre ser un pouco mais serio

Anónimo dijo...

Desde luego la entrada es muy objetiva, es cierto que en los comentarios se deja ver no resentimiento sino indignación. La verdad es que cuando alguien se indiga es porque le toca un tema que le importa, que le remueve las entrañas, probablemnte se toque la memoria de su padre y eso solo él lo pueda entender, porque hay ciertos sentimientos que provocan reacciones que para los demás pueden ser muy difícil de entender.

Por otra parte, a mí el libro no me pareció gran cosa, aunque no tenía ni idea de lo que es un virado, ni sé nada de propiedad intelectual y muy poco de quien son los personajes de aquella época. A simple vista no me gustó el libro y Bautista con su crítica ha puesto los argumentos o las palabras a algo que yo no hubiera sabido explicar.

Creo que la crítica al libro, que no a la iniciativa, tampoco es para sentenciar y crucificar a nadie. Aunque no estemos de acuerdo o nos ofenda por el motivo que sea. Pues hay reacciones muy difícles de entender por lo que cada uno ha vivido.

Anónimo dijo...

por certo, ó que se move queda exposto ás criticas, a nós critícasenos a nosa iniciativa, non pasa nada, de momento conseguimos que se fale do tema e que o Castro reviva inda que sexa con diferencia de opinions, non me parece malo, os autores do famoso libro seguramente na próxima ocasión buscarán asesoría mais cualificada
por que supoño que as críticas ¿non vos van a parar non si?
espero que non

Anónimo dijo...

Na execución dese libro (de promoción pública) non non interviron verdadeiros profesionais. Na execución da praza que se fixo no murallón dudamos que sexa obra dun arquitecto. Non todo o que se fai, soio por facelo, xa ten que ser bó. Falamos de calidade. Do exemplo que deberían dar os poderes públicos. Non todo vale.

Anónimo dijo...

promoción pública,regalitos do concello...non sería normal poder atopa-lo libro aínda que fose na papeleira* da biblioteca do castelo?

*cesto que se emprega para botar nel os papeis que non serven.

Anónimo dijo...

ola a tod@s

Fai un tempo que merquei o libro, olleino e reolleino varias veces, e quero dicir o seguinte :

1.- Paréceme, de man, unha boa iniciativa.
2.- O resultado é indubitablemente insatisfactorio, no tocante a zona de Caldelas.
3.- Non se respectan normas elementais no manexo das fontes.
4.- Rezuma desequilibrio no tratamento d easuntos e persoeiros.
5.- Síntense ausencias moi pero que moi significativas.
6.- Os textos dos pé de fotos non é moi afortunado.

......

Mais insisto que a iniciativa en sí mesma é válida e interesante para fornecer o coñecemento das nosas xentes, da nosa historia.

Penso que merece un maior debate e facer aportacións en positivo, e para elaborar un producto dise tipo coido preciso establecer unhas normas de recollida,uso, presentación dos documentos.
Os que realizaron as fotos tamén son protagonistas e non pequenos do resultado-producto.

Poderase intentar outra vez.

Ribadavia conqueriu varios centos de miles de fotos.

Saudos e feliz ano novo

Toño

Bautista Sotelo dijo...

Sin duda, Toño, hai que tomalo como un alento de partida, non moi afortunado, inxenuo, seguramente sen mala fé. Non me gustou facer un crítica negativa deste libro pero tocoume moi perto da miña sensibilidade. Cando o comentei con Osorio dixo que iste tema fora obra dos outros, como querendo evitar responsabilidades...

É necesario a posta en valor, de forma seria, do noso patrimonio e o resgate da memoria gráfica, xa que constituie un dos eidos nos que debemos traballar para fortalecer o noso orgullo e por tanto a nosa identidade.