sábado, octubre 21, 2006
Cortés, o extremo dereita do Depor
Logo de moitos partidos gañados ó longo dunha vida de competición, Elidio Cortés atopouse xogando un partido contra o cancro. Istes días faleceu o gran xogador de fútbol dos setenta, que se fixo famoso no Deportivo de A Coruña. (Na foto: Cortés con Luis Suarez).
Dende Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo), Cortés decidiu voar moi pronto ó Maceda F.C:, logo ó atlético Ourense e de ahí ós laureis da primeira división (O Depor). A finais dos sesenta incluso foi preseleccionado por KUBALA para xogar contra Irlanda, coa selección nacional. Xugou, entre outros equipos, no Cadiz e no Jerez. Finalmente, adicouse á enseñanza e a transmitir os mozos o seu talento para mover o balón con velocidade e seguridade no campo, todo un arte. Cortés aproveitou a súa experiencia deportiva como profesor de educación física nun instituto de O Barco de Valdeorras.
En pleno éxito profesional, os caldelaos coñecímolo da mán da fermosa caldelá Manolita, filla da Plácida, peluqueira da vila, ca que casou e ca que tivo unha filla: Marta.
Sendo eu cativo, lembro a Cortés pola vila, persoaxe famoso. E, como todo persoaxe famoso, a súa presencia na vila causaba certo balbordio. Os nenos, como agora, tíñamos moita curiosidade polos xogadores profesionais de fútbol e incluso tivemos a sorte, nos tempos da fundación do Caldelao C.F., a principios dos oitenta, de poder ser entrenados por él. Lembro un home humilde, tímido, reservado, moi amable e cariñoso con aqueles mociños que xogábamos a emular os grandes xugadores e codeábamonos con un deles, no noso campo do Texo. O seu toque e o seu estilo alentábanos no duro esforzo de xogar ó fútbol, nunha zona onde os campos de fútbol atopábanse cheos de lama, terra e pedras. Da brutalidade desa época lémbrome a miudo porque teño as canillas destrozadas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
15 comentarios:
Bautista: Hai tempo que veño escribindo no teu blog e tamén en " O Prado " baixo o pseudónimo de Alpha.Hoxe saio do anonimato,a ocasión ben o merece,para amosarche o meu agradecemento pola fermosa homenaxe que lle adicas o meu home.Decirche que ,ainda que oriundo doutras terras,chegou a sentirse tan Caldelao coma min,e se hoxe non descansa no Castro é porque os que tanto o queríamos decidimos que para facer tan longa viaxe tivese a compañía dos seres queridos que lle precederon.
Graciñas e un abrazo.
Alégroume que vós gustara a entrada. O do pseudónimo non mo houbera imaxinado en mil anos. Especulamos que tras de alpha agochabase un persoaxe femenino pero nada máis. Os teus comentarios son moi agudos e enriquecen moito o debate. Con nome ou sen nome non deixes de entrar.
Unha aperta e moito ánimo.
Que triste me sentín cando me diron a nova de que falecera Cortés.De cotío viñeronme a mente moitos momentos felices que me fixo vivir vendoo xogar no Ourense,no Depor,no Oviedo,no Cádiz e no Xerez.¡Que bó xogador foi!...¡Que extremo dereito!Tiña velocidade,regate,astucia,pundonor...Un xogador moi parecido a él é Xoaquín o do Valencia pero Cortés ademais tiña gol.Pero o máis sobresainte de Cortés era a súa calidade coma persoa.Foise unha estrela futbolística e foise unha gran persoa.O meu pesar para a súa familia.
Me alegra descubir a través de tú blog cosas y personas relacionadas con Caldelas de las que no tenía ni idea.
Me alegra descubir a través de tú blog cosas y personas relacionadas con Caldelas de las que no tenía ni idea.
Foi entrenador do equipo de O Barco...?
un abrazo muy fuerte a toda la familia
Este verano lo ví en Castro, deportivo y elegante.
Nuestro más sentido pésame de Marina Álvarez, Charo e hijos.
Estaría ben poder ver algun video deste xogador aproveitando You Tube.
A mi tambien me gustaría ver algun video de este jugador.
Non entrenou O Barco.Cando se retirou do fútbol trasladouse coa sua familia O Barco para iniciar unha nova etapa na sua vida adicándose a docencia e xogou creo que unha temporada no equipo de A Rúa.
Quero primeiramente achegar o meu sentimento de solidariedade a Manolita polo pasamento do seu home.
Pido disculpas polo retraso, un día por outro foi pasando o tempo.
Do futbolista teño que dicir que me era coñecido e recoñecido pois su tamén era daquela un aprendiz do oficio, e disfrutaba coas súas xogadas pola banda dereita. Fixo unha importante carreira profesional.
Mais a min tamén me resulta salientable a súa maneira de presentarse ao resto dos ciudadáns. Home sinxelo e cabal. Coido que merece un maior aprecio-coñecemento de castrocaldelas e facelo caldelao propio.
Saudos e perdón pola demora
Toño
Estou contigo toño, coido que debería estar na páxina do Concello entre os persoeiros de Caldelas. Hai que propoñelo para enriquecer isa nómina que poida server de orgullo para os nosos.
Dende a Asociación de Amigos de Caldelas propoñeremolo xunto con outras persoas.
Fai anos que teño unha pequena páxina sobre Elidio Cortés, pero non sei por que razóns últimamente non aparece indexada por Google.
Fun amigo e compañeiro de Cortes no equipo dos Salesianos de Ourense. Gustaríame que no teu blog fixeses referencia a este link.
http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/slorenf/fotosbarba/base6/hcortes.htm
Fui un buen amigo de Elidio,trabajè en el Banco Hispano Americano en La Coruña cuando Elidio jugò alli y eramos muy buenos amigos poco antes de morir me mandò una foto de la boda de Marta con èl de padrino,dejò de mandarme correos sin yo sospechar nada de su enfermedad hasta ayer que mirando por internet me quedè de piedra al enterarme de su muerte,¡¡¡CUANTO LO SENTÌ !!!!. Me acuerdo cuando fui a su boda a Castro Caldelas,manolita no se acuerda pero estuvimos mi mujer y yo en su casa de la c/Barcelona.
Me gustarìa que Manolita me diera su Emeil para escribirle unas palabras el mio es
jlbbarros@yahoo.es
Publicar un comentario