
A foto foi atopada nos arquivos persoais da Margarita e da familia Movilla. Está feita polo meu pai, Xoán Bautista Sotelo Blanco, no adro da airexa, diante do cruceito, alá polos anos 60. As mozas representan a "flor e nata" da vila. Entre as mozas poido identifica as seguintes: Margarita, Aurorita, Cachí, Macuca, Piediña, Isabelita, Manolita, Marisa Amor e María Mercedes...; Cubren a cabeza e os hombros coa
tradicional mantilla española negra e algunhas combinan esta mantilla coa peineta negra, posiblemente, de carey. Na man a maioría levan un rosario. Os texidos, encaixes, da mantilla, soían ser de Blonda, Chatilly e Tul e estaban feitas con formas vexetais bordadas. A mantilla negra soía levarse en acontecementos sociais, bodas (mantilla branca), actos relixiosos, funerais; o longo da mantilla debía ser proporcional á persoa que a viste. Pola parte dianteira tiña que chegar ata altura das mans e pola parte traseira uns dedos por baixo da cadeira. Nunca debe ser máis longa ca falda. A mantilla parece que representaba certo recollemento, propio, por exemplo, da seman santa. Soia ser un pequeño tesouro nas familias e gardabase envolta en papel de seda.
A moza segunda, escomenzando polo lado esquerno, vai cos brazos descubertos, en contra do protocolo polo que, según me contaron, armouse unha boa. Así eras as cousas.
Para moitas persoas a mantilla española representa un elemento típico do folclore franquista. Agora utilizase pouco ainda que hai famosos diseñadores de moda que a utilizan nos seus pases de modelos e persoaxes famosos das revistas do corazon, lucenas cando visitan o Vaticano.