lunes, abril 02, 2007

Andrés Baldonedo, novos ventos


Ten 24 anos. É Fillo de Luz Sotelo e Pepe Baldonedo. Fai pouco que voou do niño e está a dar os seus primeiros pasos profesionais. Interesame saber o que pensan os mozos caldelaos da súa xeración. Andrés anda ilusionado ca súa nova vida en Vigo. Ten moitos proxectos ainda que xa non están en Caldelas. Sempre que pode escapa ó Castro a ver á familia e os amigos. Dí que xa quedan poucos mozos con quen tomar unha cerveza. Os seus pais sempre lle falaron en galego pero unha extraña mutación contextual fai que sempre resposte en castelán. Anda moi preocupado pola nova politica de tráfico.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi boa a tua entrevista. Ainda nos queda por andares para que as novas tendencias entren no pobo, seguro que tu algún día marcaras estilo.
¡¡¡EU DOU FE DE QUE ERES UN BO PERRUQUEIRO!!!!

Anónimo dijo...

Escoitei moi a gusto as verbas deste mozo caldelao, que garda un gran parecido físico co seu pai,e as inquedanzas propias da súa idade .Celebro que teña o futuro , no que o traballo se refire, tan definido e lémbrolle que o éxito e o trunfo profesional case sempre se achegan paseniño,máis coa iniciativa e ambición que amosa non ha tardar en acadar.
O do tráfico non deixa de ser anecdótico,segundo vaia cumprindo anos recoñecerá que todo compre.
Os meus parabéns.

Anónimo dijo...

estabamos vendo o blog e encontramonos con noso primo Andrés, gustounos moito o que dixo e estamos moi contentos de que todo lle vaia ven en vigo.1 saludo dende a coruña

Anónimo dijo...

o do corte inglés é cortar pola esquerda ou qué?

Anónimo dijo...

ES UN TIO GRANDE Y MUY BUENA PERSONA.
DANY DE BARCELONA