jueves, abril 12, 2007

Minoria no seu propio pais



Istes días houbo unha nova, en certos medios galegos, sobre o informe do Consello Escolar de Galicia no que se informaba da precaria situación que vive a lingua galega no ensino non universitario. A conclusión é que as escolas desgaleguizan. A cousa é moi forte. Non fai moito, sorprendeume ver que unhos cativos veciños, que falaban un galego fermoso, o ir medrando, dentro do proceso de socialización, foron mudando a lingua galega polo castelán. Xa que logo, o informe do Consello Escolar pon de manifesto o fracaso das políticas lingüistícas dos últimos anos. Vivindo en Cataluña, onde o catalán é unha lingua de prestixio entre a burguesía, costa ser pesimista. Nembargantes, a situación do no noso pais, en xeral e, no Castro, en particular, non me parece que sexa para tirar foguetes. Os nenos que falan galego son minoria no seu propio pais. Eu falolles galego, con normalidade, a Antón e Mariña e con máis ou menos traballo a lingua vai collendo forma nese cemento fresco que é a memoría dos cativos. Cando vou ó Castro atópome con que case ningún neno fala galego. Moitas persoas preguntanme sorprendidas... "hai... e falaslle galego os nenos..." Ainda que son moitas, as veces que me fan esta pregunta, sempre me sorprendo amin mesmo intentando xusticar como normal algo que sei de sobra que o ben como anormal, algúnha persoa chegou a decirme que..."claro...! agora está de moda...". Ó paso que vamos a minoria pode chegar a ser menos que minoria e xa me vexo explicandolles os meus cativos, cando sexan maiores, que eu non inventei ista lingua.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Bautista, noraboa polo comentario e por falarlle galego os teus fillos, eu tamén estou loitando porque o meu fale galego. Tes toda a razón, dentro de pouco o galego perderase como lingua e con él a identidade e o orgullo de pertencer a unha terra, de ter un pobo, no que vivir e o que voltar e de que non perdamos as nosas raices.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Pepita, alegrome que andes nesa loita. Ca perda dunha lingua perdese un sistema cultural de moitos séculos. É decir, un tesouro de valor incalculable.

Anónimo dijo...

Son poucas, moi poucas por desgracia, as familias que lles falan os nenos en galego e empregan como vehículo de comunicación o castelán, coido que rexeitan o falarlles en galego porque o consideran unha lingoa inferior, dalles vergoña falarlles os seus fillos na lingoa que eles mamaron. O sistema educativo é tamén o gran culpable. Teño unha filla de dezaseis anos, cursa 4º ESO nun colexio dunhos trescentos alumnos nunha cidade galega de unhos vinte mil habitantes e podo asegurar sin equivocarme, que entre tódolos profesores empregan o galego normalmente para comunicarse cos alumnos e co profesorado un, e dos trescentos alumnos empregan todos o castelán para as súas relacións tanto dentro do colexio coma no eido familiar (a miña filla por suposto fala galego) pero a quén llo vai falar?

Decía Castelao na súa obra Sempre en Galiza "Non esquezamos que si ainda somos galegos é por obra e gracia do idioma".

Bautista Sotelo dijo...

O que contas e forte, sen dubeda. Imaxino que, estas alturas, xa alguén faría un estudo sobre o impacto emocional desa esquizofrenia nas familias. Sería curioso coñecer os resultados.

Bautista Sotelo dijo...

Lendo o que decía Castelao, lembro unha frase de Salvador Spriu na que decía que a perda da identidade, e a lengua é o maior patrimonio desa identidade, equivale a perda da diginidade.

Anónimo dijo...

O pobo foi o que durante séculos mantivo viva a lingoa que non empregaban as Administracións nin a Igrexa, e agora ese pobo é o que rexeita a súa propia fala. Qué é o que pasa nesta terra? O problema da lingoa en Galiza e un problma de cultura e dignidade. Estou de acordo contigo e desde logo con Salvador Spriu.

Anónimo dijo...

Non coincido co comunicante anónimo en sinalar o sistema educativo culpable no problema do emprego do galego. Son precisamente as novas xeracións, que por certo o usan moi pouco, as que mostran unha actitude máis favorable a potenciación do galego,que a maioria coñeceron na escola ou escoitaron a través da televisión, feitos impensables na miña infancia.
Neste tema é necesario viaxar pola historia e comprender que eses "séculos escuros" nos que a lingua galega estivo totalmente afastada da cultura,cunha burguesía foránea que a rexeitaba( exactamente o contrario que en Cataluña),tantos anos de desprecio cara unha lingua que quedou relegada ó medio rural, clases máis desfavorecidas e ambiente doméstico ou folclórico é lóxico que pasen factura e que os pais e naisa inda sendo galego - falantes( caso dos meus ) educasen os seus fillos en castelán.Afortunadamente dende a creación do Estado das Autonomías a cousa cambiou pero a mentalidade da xente non o fixo a mesma velocidade, tampouco os medios de comunicación e outros estamentos,por non citar ós poderes públicos que habendo un marco lexislativo en materia lingüística non os vexo nada afanados vixiando o cumprimento desta lexislación.
De todos xeitos se consultamos o mapa socio-lingüístico de Galicia vemos que a lingua predominante é o galego porque o 68´6% da poboación teno como lingua habitual así que sexamos optimistas e esperemos que o soño de Cunqueiro : "Mil primaveiras máis para a lingua galega" se faga realidade.

Bautista Sotelo dijo...

Pode que si o vemos con cerca escala, como propón alpha, a cousa no sexa tan grave.

É certo que se pensou que se poderían conquerir logros a curto prazo e iso non é facil ca posición social da lingua galega. En cataluña, ca chegada de tantos extranxeiros, tampouco a cousa está facil.

Ah! noraboa pola nova...da túa filla

Anónimo dijo...

Graciñas.Temos un novo caldelao pois seus pais teñen pensado empadroalo no Castro.