miércoles, abril 04, 2007

O Castro, última parada de Roger Clement Black


Si hai algo que preocupa os caldelaos é morrer soios. É moi dificil que non asistan os enterramentos de veciños e amigos. Roger Clement viaxaba, xunto con un amigo, na súa moto, dende Australia. Nunca imaxinara que ía rematar a súa viaxe nas terras altas da vila de Caldelas. Logo dun duro traxecto, estiveron tomando algo na praza do pobo. Estaban impresionados pola vila que se fora formando nas ladeiras dun castelo. Logo dunha parada decidiron que ainda podían aproveitar o día e seguir o seu camiño en busca de outro destino.

Ainda estaban embriagados pola fermosura das paisaxes que acaban de ver, pasaran O Real da Pousa, pasaban a Rasa e alí na subida ó alto de Aguíl, derrapoulle a roda de atrás. Roger invadiu o carril contrario, sendo atropellado por un coche que nese momento baixaba en dirección contraria.

A nova causou grande impacto nos caldelaos que lle tributaron o seu adeus co sentimento que da a compliciade de quen sabe da lexanía dos seus. Onte vin a fermosa lapida que a súa familia lle puxo no espazo do camposanto reservado para os que non teñen nicho e esta romántica historia veume a visitar.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

na realidade,a moto na que viaxaban foise de cú,na coñecida como curva do cordobés ou do lexionario,polo que roger saiu lambendo o asfalto ata que topou cos morros do coche que o matou que circulaba correctamente pola súa man.o compañeiro debeu topar con algo máis brando.digocho eu que o vín.

Bautista Sotelo dijo...

Non coñecía este matiz.

Anónimo dijo...

non te enteras contreras unha cousa é a crónica e outra o conto.

Bautista Sotelo dijo...

na realidade, na miña realidade, xa vexo que tí te enteras moito...pretendía ficcionar o que descoñecía, ou non tiña moi claro, pero non ata o punto de recrear o 100% dos feitos... xa vexo que te moves no mundo das categorias e alegrome que che sirvan.