domingo, abril 15, 2007

Nova minicentral no Edo



A chegada da modernidade ó Castro veu da man, entre outras iniciativas, da serrería dos Amaro, a fabrica de fariña “molinera”, a fabrica de gasosas “La selecta”, doas fabricas de chocolate, unha na rúa Grande e outra nas Laguiñas, a fabrica de rosquillas e galletas e a fabrica de queixos de Ricardo Taboada, na Abeleda. Esta pequena industria local apoiabase na luz eléctrica que producía a fábrica de luz situada no rio Edo.

Hoxe os herdeiros do Babe andan a construir unha nova minicentral no lugar onde a riada borrou a vella. A antiga electrica do Castro renace das súas cinzas. Grandes máquinas excavadoras moven terras e penedos de grandes dimensións nunha dura loita contra os elementos.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Supoño que contarán con tódalas bendicións (autorizacións) tanto da Xunta como do Concello, incluido o estudo de impacto ambiental (xa que un pouco máis abaixo hai outra minicentral) e tamén as correspondentes subvencións. De pena.

Javier Diéguez López dijo...

Por suposto que contan con tódolas "bendicións" como ti dis. E un estudio que se leva facendo durante aproximadamente 5 anos. Non sei verdadeiramente porque dis "de pena", penso que te refirirás o impacto ambiental e a degradacións dos ríos, pero primeiro empeza a mirar por tí mesmo, xa que seguro que na túa vivenda tes luz, auga, calefación, imaxino que te terás coche, ordenador... e un largo etc. Pois meu amigo menos o coche que tamén contamina moitisimo, o demais funciona con enerxía eléctrica, e esta enerxía sácase de algún xeito.
Cando non uses a electricidade para nada entonces poderanse prescindir destas construccións.
Un saúdo.
Javi www.abeleda.es

Anónimo dijo...

Comezarei por decirche que as minicentrais producen moi pouca enerxía, si se compara con outros medios alternativos (en Galicia todas producen o 2,5% da producción total), o Kw que producen está subvencionado (cos teus impostos e cos meus) e logo véndenllo ás grandes distribuidoras, ás que os usuarios temos que mercarlle a enerxia, co que o kw que se produce pagámolo dúas veces. Para a súa construcción reciben subvencións que varían entre o 20% e o 40% (dos teus impostos e dos meus) e por riba o impacto que causan na natureza é moi grande si se compara coa súa producción, e por riba Galicia é excedentaria en enerxía eléctrica ¿son necesarias este tipo de construccións? Coido que non. Cando alguén as defende como tí o fas é porque hai algúns intereses ocultos por detras. Non me equivoco, verdade?. Grazas.

Bautista Sotelo dijo...

Parece improbable que soio se trate de unha mala decisión política. Subvenciona-las minicentrais para logo obrigar a Fenosa a mercarlle-la producción, igual que no caso dos muiños de vento, que tampouco son moi productivos.

É posible que teñas razón e que comparativamente non sexan moi productivas pero van dentro da idea, supoño, de aumenta-la producción de enerxías limpas.

Seguro que se trata de unha inversión importante para a zona e que non soio se fai cos cartos das subvencions. Hai un empresario que arrisca os seus cartos e, imaxino, xoga a un beneficio futuro.

Antes de lanzar sospeitas penso que é mellor ir a ver si a licencia ou o informe de impacto ambiental, que é publico para todos, no expediente do concello, está en regla. Asi poderíamos ver si hai tal impacto ou cal é o seu alcance.

Seguramente conta cas súas medidas correctoras e aí é onde entra a control administrativo e si non o hai o da ciudadanía.

Se eu fora o Concello, pediríalle algunha compensación a esta empresa na zona. Accesos, camiños e rutas, para ser utilizados pola xente. Facía moitos anos que era imposible acceder a unha parte desa zona.

Ó mellor todo esto xa está previsto.

A ver si alguén pode facer algunha achega máis.

Javier Diéguez López dijo...

Parece que estás máis molesto polo tema das subvencións que polo impacto ambiental. Decirche que hoxe en día a gran maioría das empresas reciben axudas por parte de organismos, ben sexa da Xunta ou do Goberno Central. Mesmamente unha pequena tenda, recibe subvencións por varías causas, colocar o cartel nun determinado idioma, por ser o noso primer negocio, ser menor de 26 anos... pois eso tamén é cos nosos impostos. Se miramos a todo iso, pois... apaga e vámonos.
Tamén me mencionas que podo ter intereses ocultos por detrás, mira o único oculto que está nestas conversacións e o teu nome. Claro que teño intereses, a miña familia vive de eso, e para nada teño que ocultalo. ¿PENSAS QUE ESTAMOS A FACER ALGÚN DELITO?, Coido que non.

Anónimo dijo...

O raro é que invirtan no Castro. Ata onde eu sei debenlle moitos cartos a electrica. Algunha vez estiveron a punto de cortarlle o suministro o Concello.

Anónimo dijo...

estiveron a punto e fixérono.