domingo, febrero 17, 2008

As sombras son as que son



Levaba uns días fora e sen conexión a internet. Acabo de ler algúns comentarios e parécenme desafortunadas as alusións persoais a algúns caldelaos, imputándolles opinións que non son súas. En Máis ala do transformador interesa a opinión de Encarna, de Osorio M., de Taquino, de Catapiro, de Maite, de Xurxo, Ariadna, Lucía, anónimos e moitos outros, ainda que as veces non esté de acordo con elas ou, ao non filtrar, algúns se aproveiten para facer ataques persoais. Coido que son diferentes formas de ver as cousas e poden enriquecer o punto de vista meu e o dos que lles interesan os temas tratados neste blog. Das 250 entradas que levo feito neste blog hai aproximadamente un 10% que tratan temas de intervencións nos espacios públicos de Caldelas. Taquino acúsame de tocar istes temas en busca de máis visitas. En dous anos 80.000 páxinas vistas e perto de 50.000 visitas. Posiblemente teña razón.

Do conxunto das entradas e comentarios pódense sacar algunhas conclusións perto de como se atopan certas cousas en Castro Caldelas. Non pretendo en ningún caso dar unha visión “maniquéa” da miña Vila, senón por a nosa imaxe nun espello. A imaxe que sae pode gustar o non, pero coido que non anda moi lonxe da realidade.

Como a foto que fixen esta mañán co meu teléfono dunha arbore resistindo as neves que pronto lle devolverán a vida. Feita dende un plano case “cenital”, o meu ponto de vista, a certa distancia do que pasa. A luz venlle pola esquerda e as sombras son as que son. Soio é unha visión da árbore, dende o alto, pero tan real como calquera outro plano.

23 comentarios:

Anónimo dijo...

As sombras son as que son pero nunca serán tan reais como a árbore porque sempre dependerán dela para existir, sempre son segundonas da imaxe.
Por outra banda eu non me fiaría moito dos sentidos á hora de decidir qué é realidade ou que non e moitísimo menos da vista, rápida e todopoderosa pero moi fácil de enganar. Da túa foto poderíase dicir que as sombras son as que son pero a árbore... ou será ou non. Desculpa a paranoia nocturna.

Bautista Sotelo dijo...

interesante, vas ben por eí...

Anónimo dijo...

Un inciso: eu penso qué problema hai con que alguén sexa do partido que sexa ou sea fillo de quen sexa ou amigo etc... exprese unha opinión. Supoño eu que eso da liberdade de expresión do que tanto se fala será para todos igual ¿ou non?.
Paréceme increíble, de todos modos, que a xente se dedique a poñer nomes a anónimos ou seudónimos, sen saber realmente quen está opinando. Eso chámase calumniar e paréceme moi grave se se fai tamén dende o anonimato.

Anónimo dijo...

Bautista, eu non te acusei de nada,sinxelamente expresei a miña opinión, ca que tú podes estar de acordo ou non, porque eu en ningún caso espero que me deas a razón.O que penso que é evidente e que nas entradas nas que hai polémica (da clase que sexa) hai máis intervencións que nas outras.

Anónimo dijo...

Bautista dixit: as sombras son as que son.
Pau Donés dixit: depende. de según como se mire todo depende
O que tú ofreces é o teu punto de vista, moi válido, claro, pero hai outros tamén. A foto, feita desde outro plno e a outra hora non arroxaría sombras. A realidade do que pensan a maioría dos caldelaos demostrouse democráticamente nas urnas e alí volverán a falar.
As opinións interesan todas, e os distintos puntos de vista tamén, pero as acusacións como as que fixo xurxo e algún anónimo, non, porque son descalificacións que, polo menos aue saibamos, a unha das persoas implicadas non lle pareceron nada ben. Na túa man está, Bautista, o permitir que estas cousas sucedan no teu blog. Quero pensar que é un feito aislado, pero intolerable dende o meu punto de vista (que non é o cenital)

Anónimo dijo...

Definitivamente esto non ten arranxo e, sempre que o tema sexa relativo ó pobo, volverá xurdir, poderedes estar así ata o infinito. Ningunha das dúas partes é manca, e as dúas teñen razón.Bautista só tes unha solución, pero sería improcedente que un servidor cha dixera.

Anónimo dijo...

Creo Bautista que tes máis influencia sobre certos seudónimos que entran aquí, do que ti pensas. Na entrada do camposanto, de que se queixou Encarna, seguiu habendo críticas e descalificacións hacia ela, e no momento que tú creas outra entrada tentando poñer algo de cordura a cousa cálmase algo. E para analizar.
Estou de acordo co último anónimo en que esta loita é e será sempre así porque para casi todas as cousas na vida sempre hai dúas versións, pero sempre podemos estar en desacordo cos outros dende o respeto.

Anónimo dijo...

Eu penso que hai máis de dous puntos de vista, e que se os mesturamos pódenos dar esa visión cenital, que algúns chamán intersubxectiva en oposión á obxectiva que polo visto non existe; pero esta non creo que se acade aquí senón cada catro anos nas elección onde todos os que temos dereito a facelo o podemos facer.
Polo dos ataques persoais, eu xa teño expresado a miña opinión, e estou moi de acordo con aqules que din que está moito máis na túa man do que ti cres, porque ese discurso da liberdade de expresión está moi ben cando se respetan todas as as opinións e estas son tal, e non insultos, descalificacións, mentiras,...

Anónimo dijo...

A cousa é sinsela. A mín e a alguns non nos gusta como se están facendo algunhas cousas en Castro Caldelas e simplemente mostramos a nosa opinión igual que o fan outros, noutro sentido. Son votante de Inés e tiña ilusión por un certo cambio. Ata ahí todo vai ben. O problema é que cando vós vedes acorralados polos argumentos, entón sae o lobo que levades acochado. Miravós no espello, como vós dí Bautista. Xa estou farta do tema, confeso, gañades por pesadez.

Anónimo dijo...

Aquí ninguén di que os que están descontentos e incluso os que nunca viron nada bon neste equipo de goberno non podan expresar a súa opinión. Creo que o debate ven da queixa que fixo unha persona con nomes e apelidos porque se sentía insultada e porque se lle estaban adxudicando comentarios que non eran seus. Paréceme que é ben diferente. ¿Qué che parece a ti iso? ¿Estás de acordo co que fixo xurxo e outros anónimos posteriores? A túa opinión e a miña son exactamente igual de válidas, ti firmas como maite e eu como anónimo ¿Ten alguén direito a elucubrar sobre quén se agocha detrás de cada un dises nomes para calumnialo? A persoa que se sentiu danada deixou unha mensaxe que todos poidemos ler, eu creo o que di e penso que ten razón. Paréceme que este era o debate orixinal, nada máis

Anónimo dijo...

O problema Maite non é que expreses a túa opinión, senón que cando alguén non esta de acordo contigo chámaslle pesado, dis que non ten xeito, chámaslle parvo, mándalo a psicoanalizar, que está enchufado, que é cargito, ...
Respecto aos argumentos creo que en máis de unha vez fuches ti a que te quedache sen eles.
E por certo tés unha manís moi mala a de tentar facer piña contra alguén, e o final quédaste sola mirando para outro lado cando todos decimos que aquí hai xente que non sabe administrar a liberde de expresión

Anónimo dijo...

Propoño un punto de partida de todo isto EN POSITIVO, CON ARGUMENTOS E un debate aberto e constructivo sen descalificación e insultos. Un punto de reflexión aquí, que creo que todos algunha vez metemola pata non si? pois fagamos enmenda diso e comecemos un tono novo incluso máis enriquecedor e interesante para o debate e dende logo menos estresante e aburrido isto xa cheira. Uns non se apean da burra e os outros non queren subir, con iso non melloramolo pobo.

¿ Quen se apunta?

Anónimo dijo...

Carai Bautista, 250 entradas e tantas visitas!. A mín non me extraña, e non creo que o motivo seña ese 10 % de temas relacionados directamente coa "cousa pública" do Castro, que seguro fan que a xente participe. Pero eu, por exemplo, moitas veces leo e non participo, asómome silenciosamente porque me gusta a túa visión das cousas, as fotos, as películas...atopo moitas veces cousas interesantes e que me emocionan. Xente que coñezo e xente que me sorprende. Historias e tamén poesía. Soio eso. Non te desanimes. Se as veces recibes calambrazos e que hai xente que ten exceso de enerxía sen liberar e que non hai outros espazos onde facelo. A ver se entre todos conseguimos elevar un pouco o debate. E tí a ver se nos regalas máis fotos e tamén algún video máis.

Anónimo dijo...

Bautista, comparto as atinadas palabras de Silenciosa e non sabes canto lamento que este espazo que deberíamos empregar para compartir opinións e outras opcións de verdadeiro interese, se estea empregando con frecuencia, que xa empeza a resultar excesiva, para increpar, descalificar, e asuntos, que seguramente, a grande parte dos que por aquí hai tempo andamos, non só nos importan en absoluto, e que nos producen un mortal hastío. Como todo isto vai adubiado con desprezos verbais, insultos persoais, demagoxía crítica, oportunismo, etc, faime temer que o estilo e perfil do blog se poida botar a perder, e moito sentiría que esto sucedese, primeiro por ti e despois por o teu labor. Pensando que o alcume de cada quen debe aturar a responsabilidade das súas palabras, eu para que non quede marxe para a dúbida ( aínda sendo o meu nik coñecido por moitos por telo desvelado eu mesma) a partir de hoxe, estarei por aquí, sempre co meu nome por diante. Alpha foise, Manolita mándache unha aperta.

Anónimo dijo...

Febreiro: 38 entradas
Entradas con polémica: 265.-70,8%
Entradas sin polémica: 100.-26,7%
Entradas sin opinións: 9.-2,4%

Penso que xa dando datos claros non se pode negar o evidente.

Estou de acordo con Proposta, demos opinións argumentos e datos, se queremos, pero non insultemos máis.

Anónimo dijo...

Aclaracion: 265,100, e 9 son as opinións que se recollen nas entradas e os porcentaxes, polo tanto, son de participación.

Bautista Sotelo dijo...

Grazas, Silenciosa e Manolita, por a vosa comprensión e xenerosidade.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Un inciso. A foto que ti sacas da árbore é só un intre na vida desa árbore. Cando ti te vaias, a sombra cambiará de posición.
Non todo é o que vemos. Cando non vemos (ou non sabemos, ou nontemos constancia) as cousas flúen e mudan.
Respecto ó espello: O espello é moi enganoso. A esquerda pasa para a dereita e viceversa. Os espellos distorsionan.
Outro apunte. Que ninguén crea (nin eu o creo) que por ver as cousas de certa maneira, esa é a realidade. Sinxelamente eso só é a nosa forma de ver as cousas. A realidade é o conxunto de como todos/as vemos as cousas.
Para rematar, encantame neste blog cando entre todos construimos a realidade, dando o noso punto de vista. De todos os xeitos creo que hai intervencións, como as de maite, que o único que buscan é ferir. Tampouco me gustan comentarios desafortunados do tipo " o fillo de ..." Cada quen e cada quen e ten opinión propia. O que emprega o de a muller de..., o fillo de.... e incapaz de recoñecer a opinión do próximo e só lle vale a del.
Bautista moitas veces non estou dacordo con como ti ves as cousas, pero este espazo paréceme enriquecedor.
Unha aperta

Anónimo dijo...

Ánimo Bautista, contas co meu apoio ánonimo, totalmente lícito; sabes, mellor ca min, que esta é a túa casa, o teu dominio, e o teu blog, e podes xestionalo como che dea a real gana, non é neñún espacio público, polo que non te sintas na necesidade de dar explicacións, nen coartado en nome dunha mal interpretada libertade de expresión, se algo non che gusta, borrao e punto, estás no teu direito, que non te utilicen como plataforma de nada, a casa de un gobérnase como se quere , faltaría máis !

Anónimo dijo...

As neves levan todo o malo, curan e cando marchan deixan unha paisaxe bela e limpa. A foto, a entrada,a reflexión,paréceme reveladora: unha chamada de atención a tod@S OS QUE NOS PASEAMOS con libertade por aquí.
Debemos rebaixar o ton do debate, reducir os niveis tóxicos de cólera e tirar máis pola razón, o entendemento e o respecto. ou ¿ é que semellamos estar en campaña tamén nós? Non caiamos nas poses estériles e mentirosas dalgúns gobernantes e falemos dende o corazón e a cultura, polo noso pobo, entre todos podemos facer cousas boas.

Anónimo dijo...

SI! Anónimo de las 10:44, así se arreglan las cosas, o entran por el aro o los fulminamos!Y después de una entrada tan, pero tan conciliadora y democrática estarás orgulloso ¿no?.

Anónimo dijo...

Anónimo de las 11:44, ¿Porqué estás tan enfadado? De verdad que no lo entiendo. No veo que el anónimo de las 10:44 hable de fulminar a nadie. ??? En general las últimas entradas hablan de intentar otro tipo de debate. ¿Es que no te interesa rebajar el tono? Eso no quiere decir prescindir del debate o no hablar de política. ¿Seremos capaces? Al menos, ¿seremos capaces de establecer un diálogo?.

Para Proposta II das 10:46. Comparto contigo esa posible lectura dos efectos da neve. Ademais da realidade e das sombras, esa é tamén unha lectura posible da foto e a mensaxe do Bautista.
Por outra parte non creo que haxa que vetar temas, a madurez é ser capaces de afrontalos, todos, sen ferir nin sair feridos tan rápido, que eso tamén é en parte resposabilidade de cada quen, non ser susceptibles ata o punto de non aguantar ao veciño proque é diferente...

Perdoade, púxenme moi pesada...

Por outra parte, está claro que este é un blog persoal e os que aqui entramos e porque nos gusta, interesa ou provoca. E coido que eso é moi valioso. Incluso que nos provoquen.

Anónimo dijo...

Bueno Bautista, este blog polo menos da máis xogo que o outro, inda que sexa bastante polémico por outro lado.