domingo, febrero 24, 2008

Dende a fiestra: Manhattan


Ao ver este debuxo lembrei o sorprendente inicio de “Manhattan”, a película que a fináis dos 70 puxo a Wody Allen no mapa dos mellores directores de cine. Isaac intenta atopar un inicio para o seu libro e anda cabilando sobre como retratar a esa persoaxe que é Nova York, e en especial Manhattan, á que lle rinde unha homeaxe. Pode que moitos sintamos unha forte atracción polo míto da cidade de NY, o seu reflexo na ficción, sobretodo a súa imaxe no cine. Miles de películas, documentais e anuncios retrataron cada un dos seus recantos. No nadal un amigo namorado das formas que se acumulan nesta cidade dos rañaceos envioume este dibuxo que nos achega á intimidade e á mirada exterior, a emoción das formas xeradas polo home, a vaidade que desacouga a alma dos homes ata a tolemia, se o próximo rañaceos non é máis alto co anterior. Teño ganas de voltar a Nova York e pasear polas rúas, meterme neste escenario, cos meus, cos que están máis alá do transformador.

No hay comentarios: