jueves, febrero 14, 2008

O libro galego na feira da Habana

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Que Galicia, e a súa cultura, sexa convidada de honra na Feira do Libro da Habana pareceume de gran importancia, non en vano foi alí onde Rosalía publicou o seu libro "Follas Novas",tamén onde se cantou por vez primeira o Himno galego e se creou a Real Academia Galega.Grazas a esa Feira ,e coa literatura como protagonista,chegou a Cuba unha delegación galega con máis de douscentos integrantes: escritores , músicos(A Real Filarmónica galega),exposicións varias,títeres e ata a maxia do mago Antón.Toda esta testemuña da cultura galega xunto coa doación de máis de catrocentos mil exemplares de libros para as bibliotecas cubanas,facíanme pensar que habíanse estreitar, ainda máis, eses vínculos que sempre houbo entre o pobo cubano e o galego.Pero todo ten os seus detractores , non hai máis que ler un artigo de Pedro del LLano en "El País" do día trece para comprobar que é ben certo iso de que "Nunca chove a gusto de todos" Viaje a ninguna parte

Bautista Sotelo dijo...

Non, "nunca chove a gusto de todos", nin cando a auga escasea... Movémonos entre paradoxas e capelas. Gardo moito cariño e admiración para Yoyo. A mediados dos oitenta trateino bastante, cando deseñou e dirixiu a construción do edificio das oficiñas de Sotelo Blanco en Santiago. Unha verdadeira inmersión na linguaxe da arquitectura contemporanea.

Anónimo dijo...

Non lle falta razón a Pedro del Llano pero non estou seguro de que fora unha boa idea perder a oportunidade de estar nesa feira, polo que representa para a cultura Galega, como ben dí Manolita.

Anónimo dijo...

" Hasta que un hombre no ha leido todos los libros antiguos, no hay ninguna razón para preferir los nuevos"

Bautista Sotelo dijo...

Interesante, esa máxima, ainda que coido que resulta difícil de entender fora de contexto. Estaría ben que nos explicaras que queres decir.

Anónimo dijo...

Teriamos que resucitar a Montesquieu,seguro que él non nola pode explicar, pero supoño que a cita alude claramente ós clásicos, punto de partida e de chegada ó fin, nos camiños da cultura de occidente.
Pasado, presente e futuro.