domingo, febrero 24, 2008

Castelao, última parada en Bos Aires

5 comentarios:

Anónimo dijo...

De Ramón Cabanillas a Castelao con motivo do seu pasamento:



¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areiro que te foras
de seriedade pol- a plan vereda…
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin…
Na noite pecha,
entrei pinal adiante, medoñento,
a alma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso,
en velorio de honra ó teu relembro.
Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da túa man maiestra,
e aquel forte e lanzal que tempos idos
escoitóu a tua prácida conversa
có sabidor e xurdio,
profundador de voces milagreiras,
inquiréu delorido, en desespero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesoume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxelle a verdade crú, tinguindo
c’unha pinga de sangue cada verba:
¡Morréu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morréu de amor a Terra!

Anónimo dijo...

Compañeiro Daniel de vida innumerable
como os astros do ceo i os camiños do mar
na tenebrosa noite da patria inhabitable
témoste no recordo con mao á luz alba.
A tí falo Daniel morto lonxe da terra
es noso i a túa luz alumea a escuridá
que nos deixou a historia de tres anos de guerra
en que os lobos mataros a luz e libertá.
Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban
i enloitaron cunetas con sangue loitador
as pistolas sonaban i os panbidos berraban
a terrible victoria do odio e do terror.
E tí fúcheste lonxe predicar no deserto
pra erguerdes un exército que endexamásis loitou
e morriches un día sin veres entreaberto
o camiño da volta que a túa alma soñou.
Pro na Patria abatida e do pobo explotado
nacimos nós os fillos da morte do tristén
percurando furiosos vinganza e novo Estado
i unha roxa alborada sin cabo nin comén.
I a tí bo compañeiro que o furacán aleibe
matou desesperado na outra banda do mar
prometémosche a terra dunha Galiza ceibe
pra enterra-los teus oso onde teñen que estar.

(Darío Xohan Cabana)
Suso Vaamonde "Nin rosmar un laído"

Anónimo dijo...

Ben fermosos e sentidos, amigo anónimo, son os versos de ambos poemas.
Cando menos os desexos de Darío Xoan Cabana parecen cumpridos, xa que, non sei se no lugar preciso, pero estar, os ósos do irmán Daniel, si, están aquí.

Anónimo dijo...

Pois sí, os restos de Castelao están enterrados en San Domingos de Bonaval no Panteón de Galegos Ilustres. Máis a esencia do poema anterior non é esa. Castelao deixou ben craro que cando morrera os seus rstos non fosen trasladados a Galiza ata que esta non fose un País Libre. Aqueles que causaron o seu exilio son os que o traen de volta a Terra en contra do súa vontade.

Anónimo dijo...

É certo, os versos de Darío X. Cabana teñen outra lectura. Cando me refiro o "lugar preciso", fago, porque vostede saberá, que o desexo de Castelao era ser enterrado en Pontevedra. En canto a controversia que, no seu momento, supuxo a chegada dos restos, deixemos que sexa a historia a que xuzgue, o importante, para min, é que se manteña sempre vixente o seu pensamento. Remato con unha frase súa, referida ós políticos, que acae como anel ó dedo nestas datas electorais: " Abondaba que se sentisen galegos".
Que teña bo día.