
No nadal, foi nomeado presidente de Reganosa Javier Fernández Martínez. Os medios galegos fixéronse eco do nomeamento deste experimentado inxineiro caldelao. Tamén a revista Ribeira Sacra publica unha nova, no seu último número, onde da conta da súas responsabilidades e da súa longa traxectoria no sector enerxético.
3 comentarios:
Penso que lle hai que dar a NORABOA
Coa satisfacción que sempre me producen os logros profesionais e persoais da xente do Castro, reitero, dende aquí, os meus parabéns para Javier Fdez Martínez e familia, xunto co desexo de que a colleita de éxitos, nesta nova singladura da súa vida profesional, sexa igual de abondosa que ata agora.
Parabéns a este caldelao intelixente e traballador. E moita sorte.
Publicar un comentario