domingo, febrero 24, 2008
Dende a fiestra: Manhattan

Ao ver este debuxo lembrei o sorprendente inicio de “Manhattan”, a película que a fináis dos 70 puxo a Wody Allen no mapa dos mellores directores de cine. Isaac intenta atopar un inicio para o seu libro e anda cabilando sobre como retratar a esa persoaxe que é Nova York, e en especial Manhattan, á que lle rinde unha homeaxe. Pode que moitos sintamos unha forte atracción polo míto da cidade de NY, o seu reflexo na ficción, sobretodo a súa imaxe no cine. Miles de películas, documentais e anuncios retrataron cada un dos seus recantos. No nadal un amigo namorado das formas que se acumulan nesta cidade dos rañaceos envioume este dibuxo que nos achega á intimidade e á mirada exterior, a emoción das formas xeradas polo home, a vaidade que desacouga a alma dos homes ata a tolemia, se o próximo rañaceos non é máis alto co anterior. Teño ganas de voltar a Nova York e pasear polas rúas, meterme neste escenario, cos meus, cos que están máis alá do transformador.
jueves, febrero 21, 2008
O ave, tardou pero chegou.

A alta velocidade (AVE) xa está eiquí. Non é tan rápido como a ponte aerea, comentaban onte os xornalistas, pero según se ve conta cas simpatías da xente que o está utilizando masivamente. Para os que nos gusta toda a mítica dos trens, non hai coor. A mellora das comunicacións pode revolucionar as relacións. É posible que agora algúns cataláns descubran Madrid e moitos madrileños teñan a oportunidade de ver que eiquí non comen a ninguén. Quen nos dera poder ir Galicia na alta velocidade, en cinco, seis horas, porse alí. Bueno, a ver si podemos velo.
domingo, febrero 17, 2008
As sombras son as que son

Levaba uns días fora e sen conexión a internet. Acabo de ler algúns comentarios e parécenme desafortunadas as alusións persoais a algúns caldelaos, imputándolles opinións que non son súas. En Máis ala do transformador interesa a opinión de Encarna, de Osorio M., de Taquino, de Catapiro, de Maite, de Xurxo, Ariadna, Lucía, anónimos e moitos outros, ainda que as veces non esté de acordo con elas ou, ao non filtrar, algúns se aproveiten para facer ataques persoais. Coido que son diferentes formas de ver as cousas e poden enriquecer o punto de vista meu e o dos que lles interesan os temas tratados neste blog. Das 250 entradas que levo feito neste blog hai aproximadamente un 10% que tratan temas de intervencións nos espacios públicos de Caldelas. Taquino acúsame de tocar istes temas en busca de máis visitas. En dous anos 80.000 páxinas vistas e perto de 50.000 visitas. Posiblemente teña razón.
Do conxunto das entradas e comentarios pódense sacar algunhas conclusións perto de como se atopan certas cousas en Castro Caldelas. Non pretendo en ningún caso dar unha visión “maniquéa” da miña Vila, senón por a nosa imaxe nun espello. A imaxe que sae pode gustar o non, pero coido que non anda moi lonxe da realidade.
Como a foto que fixen esta mañán co meu teléfono dunha arbore resistindo as neves que pronto lle devolverán a vida. Feita dende un plano case “cenital”, o meu ponto de vista, a certa distancia do que pasa. A luz venlle pola esquerda e as sombras son as que son. Soio é unha visión da árbore, dende o alto, pero tan real como calquera outro plano.
jueves, febrero 14, 2008
A casa de Aldán, no rumor das ondas
A casa de Aldán atopase na parroquía de Aldán, en Cangas. Nunha paisaxe previlexiada, no peirado do Espiñeiro, podemos ver un exemplo de intervención no patrimonio industrial, unha adaptación de fábrica de salazón de 1836 a casa de turismo rural, moi respetuosa e de gran beleza. Unha noite de choiva e presa deixou en nós a fonda pegada da emoción da beleza. O rumor das ondas que baten no peirado, o rumor de que Felipe e Leticia, na súa etapa segreda, daban saida ao seu lume neste refuxio de Aldán. A obra é o resultado do empeño de Marisa Del Barrio e do arquitecto Alfonso Penela.
lunes, febrero 11, 2008
Lembranza no día dos defuntos
Fai uns días recibín de alguén, que se dí chamar Margarita, esta foto que mostra unha placa colocada na entrada do camposanto. Oira falar dela e non teño unha idea moi clara sobre a súa oportunidade...! Margarita pediume que non censurase a súa foto e eiquí está. Coido que os moradores do camposanto é mellor deixalos tranquilos. Abondo hai onde por a enerxía, por exemplo, na necesaria señalización das rúas e do patrimonio.
Etiquetas:
señalización placa camposanto defuntos
domingo, febrero 10, 2008
Interiores da fabrica de xornalistas
Xa van trece promocións de xornalistas formados en Galicia. Atopei iste video no blogomillo feito pola promoción de xornalistas do 2003-2007. Un percorrido polos interiores da fermosa facultade, deseñada por Alvaro Siza, en Santiago de Compostela. A través de un movemento de cámara, como se fora un plano secuencia, vamos vendo aos mestres da comunicación que alí imparten a súas leccións: Outeiriño, Pereiro, Freixanes, outros que non coñezo, Margarita Ledo e Álvarez Pousa na cima de todo e, o final, Celeiro despedindo esta promoción de xornalistas, baixo a pérgola que sobresae do edificio de Siza, como un gran brazo, e que os agarimou ata agora.
Ciruxía
Manolo Sotelo, primo que vive en Boston, nos EEUU, envíame este video sobre unha operación de ciruxía.
Etiquetas:
Manolo Sotelo Ciruxía Boston video
Ceboliñas tenras na parrilla
Estou esperando uns amigos cataláns que veñen a xantar unha calçotada. A cousa non é doada pois poido quedar mal, se non afino. Un dos combidados, Josep, ten unha casa en Valls, terra onde os barceloneses acuden en masa, os fins de semán, a comer Calçots. Unha tradición culinaria das máis típicas do país Catalá, que se celebra sobretodo a finais do inverno. Son como unha variante de ceboliñas tenras. Fanse na parrilla, volta e volta, e logo rípaselle a pel exterior, móllanse nunha "salvitxada", parecida á salsa romesco, e para dentro, con babeiro a ser posible. Un tinto do Penedés, se non temos un Rioxa ou un Ribeira do Douro, pode server para acompañalos. Os calçots son moi sabrosos e dixestivos. Nos vamos a acompañalos con butifarras feitas con champiñóns e escalivada, que Joaquín mercou onte na Boquería, un dos mercados máis fermosos do mundo.
jueves, febrero 07, 2008
Javier Fernández, novo presidente de Reganosa

No nadal, foi nomeado presidente de Reganosa Javier Fernández Martínez. Os medios galegos fixéronse eco do nomeamento deste experimentado inxineiro caldelao. Tamén a revista Ribeira Sacra publica unha nova, no seu último número, onde da conta da súas responsabilidades e da súa longa traxectoria no sector enerxético.
Etiquetas:
Reganosa Javier Fernández Caldelao
miércoles, febrero 06, 2008
martes, febrero 05, 2008
Os fotógrafos son os poetas deste tempo

O fotógrafo Lucien Clergue deu onte unha conferencia no Institut d´Estudis Fotográfics. Hoxe o xornal el Periódico publica una entrevista de Mònica Tudela, na que dí:
-Que ten que facer un fotógrafo para ser bo?
-Esquecerse un pouco da foto. Sempre lles digo aos alumnos: "Ide aos museos, explorade a pintura, escoitade música, bailade, comede cousas boas, facede o amor". E dígoo porque creo que logo de todo iso vai vir a foto. Hai que ter os ollos abertos, pero fai falta unha cultura enorme, porque nun segundiño de nada estás tomando unha decisión de ver o mundo.
-Algún outro consello para os que empezan?
-Crer no que se está facendo, ser moi aberto a todo e non ser escravo da técnica. Hai que aprendela para esquecela. Penso que os fotógrafos son os poetas deste tempo.
domingo, febrero 03, 2008
Resgate do Mosteiro de San Paio


Parece que o Mosteiro de San Paio (Abeleda) pode renacer das súas cinzas. La Voz de Galicia fixose eco, non fai moito, dos acordos entre a Airexa e un comprador de Compostela, para levar a cabo o resgate do seu abandono e da súa desfeita. Falase de unha casa de turismo rural, dun espacio aberto a cultura, de augas termais, de viño e da elaboración e comercialización de productos da Ribeira Sacra. A nova é moi ilusionante. O Castro necesita un puntal máis para tirar do turismo de calidade e iste fermoso mosteiro pode axudar nesa vía. Fotos: Marita /Capítulo O/Gago.
Etiquetas:
Mosteiro de San Paio Abeleda Castro Caldelas
sábado, febrero 02, 2008
Viaxe a Caldelas
Un premio nacional de arquitectura para Bohigas

"É unha figura na arquitectura española, na cultura catalá e no pensamento arquitectónico", "...experimentou sempre sobre unha mesma idea: a recuperación do espazo público para o goce dos cidadáns" di hoxe Anatxu Zabalbeascoa en "El Pais"
Etiquetas:
Oriol Bohigas premio nacional arquitectura
viernes, febrero 01, 2008
O meu arañón e a miña fada

Hoxe as rúas e as escolas están cheas de héroes, fadas, princesas, magos e mil transformacións máis. Os nenos celebran na escola a festa das "carnestoltes" , no Castro será o antroido. Non sei como evolucinou esta tradición no Castro. Cando eu era un cativo saían as comadres e compadres. A loita de sexos consistía en estragar as monecas das mozas e elas as dos mozos, entre nubes de fariña e farelos, que moito me amolaban.
Etiquetas:
carnestoltes antroido comadres compadres
Suscribirse a:
Entradas (Atom)