sábado, junio 17, 2006

O drama da emigración no Mnac de Barcelona


Na decada dos cincuenta e sesenta miles de galegos e entre eles moitos caldelás, abandoaban a súa terra con destino a America. Na foto de Alberto Martí Villardefrancos, feita no ano 1960, vese a uns nenos no peirado de A Coruña que acaban de perde-lo barco que ía a Venezuela. Alberto foi durante moitos anos o máis importante reporteiro gráfico do xornal "La Voz de Galicia" e dirixiu ata fai pouco Foto Blanco de A Coruña. Fotografiou a época da emigración, as recepcións de Franco no Pazo de Meirás e o fundimento do Urquiola na costa galega.

A foto de Alberto é unha das seleccionadas para a gran exposición que se inaugura maña no Museu nacional d´Art de Catalunya (MNAC), onde a caldelá Charo Canal traballa de xefa de prensa. Tamén hay fotos de Xosé Suarez e Manuel Ferrol. A exposición presentase co título de "Mirades Paral.leles" e conta gráficamente a postguerra en España e en Italia, sobre todo, o paso dunha sociedade agraria a unha industrial. Pon en escea fotos que incorporan unha nova maneira de mirar tanto eiquí como en Italia pola influencia do documentalismo en EEUU, reportaxes como o do traballo dos nenos nas fábricas de Lewis Haine influiron moito no que logo se chamou neorrealismo e que tan boas peliculas deu en España e en Italia.

No hay comentarios: