domingo, junio 11, 2006
As mans da terra
Son as mans dun home de 60 anos. Cando ía camiño de Santa Tecla estiven falando cun veciño ó que lle pedin que me deixara fotografiarlle as man. Miroume extrañado uns segundos sorprendido polo requerimento e dixo,
-home, deixa que as lave un pouco e logo fas a foto.
-non non se preocupe...
-home, veño de cavar o horto e non é cousa...!
Son as mans que traballan a terra, mezcladas ca cor da terra e dinnos moitas cousas. A través das estradas principais e comarcais que se debuxan neste mapa podese chegar o orixen diste pobo de labregos. Verdadeiro mapa da illa do tesouro. Nas súas curvas e liñas rectas están moitos dos enigmas que nos arrodean. Istas mans levan moitos anos arrancando uvas de mencía, cultivando os tomates máis sabrosos da ribeira, recollendo as sabrosas ameixas que cada ano nacen, como por arte de maxia, moitos anos recollendo as castañas dos soutos da ribeira e moitos anos sentindo o frescor dos regatos que morren no rio Caldelas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario