lunes, junio 05, 2006

Simulacros


A veces hai pequenos detalles que nos mostran o interior das cousas. O castelo está enganchado a unha forte pena do tamaño do antigo castro. Na foto vese unha testemuña do que digo; tratase de unha pedra, na rúa grande, na casa veciña da de Vicente Risco. Unha parte da parede da casa e a acera da rúa foron esculpidas na pedra intentando mimetizala co entorno. Sorprende que incluso o encintado branco, muy de moda noutro tempo, que tapaba as xuntas das pedras intenta, como se ve na foto, simular que se trata de pedras individuais e non dunha gran pedra que se funde nos cimentos da vila. Porqué tapar algo que en si mesmo é de máis valor co que representa; podería ser unha bóa metáfora respecto de moitas cousas da nosa cultura que son deixadas de lado por manifestacions, a veces de escaso valor.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Que pedra máis curiosa. Nunca me fixara

Anónimo dijo...

o raro é que as liñas brancas non continuen pola acera e sigan pola rúa.

Anónimo dijo...

Esta pedra atopase na entrada do antigo bodegón?

Anónimo dijo...

Your are Nice. And so is your site! Maybe you need some more pictures. Will return in the near future.
»