sábado, junio 24, 2006

A Xunta negocia unha taxa verde para as eléctricas



Por fin, parece que Galiza poderase beneficiar a través da taxa verde dalgún tipo de compensación pola enorme riqueza que producen os seus recursos naturais. Soio na nosa zona hai uns 17 encoros. Funcionan con moi pouco persoal polo que son moi rendables para os seus donos, con escasa incidencia na economía da zona. De todo o que se produce exportase o 40%. As empresas teñen o seu domicilio fiscal e pagan os impostos en Madrid que tan soio produce un 5% da enerxía que consume.

Na primeira foto vese a ponte do Sil antes do anegamento do cañon polo encoro de San Estevo. Hai un poema de Bernardino Grana que transmite o sentimento da época na que se inundaron as viñas de castrelo de miño. Moito esforzo e transformación da paisaxe para logo non ter ningún rendimento para a terra.

Si volves por Ventosela
case non ves o Ribeiro
Si volves por Ventosela
atopas que anduvo o demo
facendo presas, matando
o que plantaron os vellos,
mandando a xente prás vilas
ou a emigrar ó extranxeiro
Dicen que agora o gran Miño
nos encoros dá diñeiro
que aire puro e puros soños
non producen dividendos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Veremos si finalmente o consiguen. Ise non é un toro facil de lidiar. Os das electricas son moi poderosos e non van aceptar facilmente a taxa.