jueves, agosto 18, 2011

Cidade Blade Runner

De lonxe, esta pranta química que está perto de Lleida, cando pasas pola A-7, parece unha cidade de estética Blade Runner, a película de Ridley Scott.

miércoles, agosto 17, 2011

O Papa e o teatro clásico

O Papa en Madrid sairá de novo a escea, traxes, decorados, papamóvil, iconografía do imperio román..., fai tempo que repite a mesma función, liturxía moi traballada ao longo dos tempos, hoxe en decadencia... postos a ver teatro prefiro o Corral da Comedia en Almagro. Pasamos por alí na nosa viaxe, pero as representacións son os fins de semán, e o festival en en xullo.

Enviado desde mi iPhone

lunes, agosto 15, 2011

De Mérida a Almagro

Deixamos Mérida, a pequena Roma, como lle decían entón. Tivo o seu explendor entre o século I e II. Ca decadencia do imperio roman veu tamén a decadencia desta cidade, capital da Lusitania. Cruzamos a enorme veiga que subministraba unha agricultura variada a Emerita Augusta, logo muda a paisaxe verde da veiga polas acineiras e os porcos que nós acompañan case ata Almagro.

Enviado desde mi iPhone

domingo, agosto 07, 2011

"O Polico", perfil dun caldelao.

Se non saes nunca de Ítaca vives sempre nos brazos de Penélope, as sereas no Castro son de montaña e a memoria non é tan fráxil. Polico é contemporáneo meu. O 64 deu bo viño e xente coma mín e como él. É das poucas persoas que sempre atopo no mesmo lugar do tempo, o mesmo sorriso e a mesma actitude ante a vida. É Polico porqué xa o era o seu pai. Mentres bebemos uns llintonis no "Listo" e fuma sen parar cóntame as súas conquistas interiores... as cousas de agora e de antes... o que non se ve, o tempo que pasa, máis parece estar detido.

Enviado desde mi iPhone

martes, agosto 02, 2011

Atopan tesouros na Ribeira Sacra

Afirman Víctor e Eduardo, os arqueólogos que están traballando na necrópolis rupestre de San Vítor, en San Lourenzo de Barxacoba (Parada do Sil), que a primeira idea que non se sustenta é a do aillamento destas terras. A través das excavacións, da información dos mosteiros e das lendas estes arqueólogos van trazando as liñas de investigación sobre o mundo da alta idade media nesta zona da Ribeira Sacra. A través do seu blog "sanvitordebarxacoba.wordpress.com" podesen seguir os seus descubrimientos, investigacións, actividades e incluso concertar unha cita para visitar as excavacións. Unha gran aventura para saber un pouco máis sobre os moradores destas terras.

Enviado desde mi iPhone