lunes, enero 24, 2011

Unha luz prende de novo nos Pilos


Fai uns días a dona dun restaurante, perto da Teixeira, amosaba a súa preocupación pola chegada dos chinos a Monforte… mercan todo, abren sen horarios...
Mentres expoñía a súa inquietude miraba para mín buscando algunha reacción, complicidade… “sabes que nunca se viu un enterro dun chino… tí, como o ves…?”. Calei durante un intre, pausa dramática que a miña mai manexaba coma as mellores actrices…
—“Entre nós hai moitos chinos. Chinos, sodes vós. Traballades sen horario, levades así unhas cuantas década. É certo, non tedes os ollos rasgados, e non emigrástedes expulsados pola presa das tres gargantas…”

Hoxe fun comer ao “Tropical”, en pleno corazón de Sant Cugat, uns “chinos” de Caldelas, con fama de traballar máis ca os chinos acaban de celebrar, nunha festa sorpresa da súa filla Conchita, os 40 anos da súa chegada a esta cidade. Fai catro décadas que Paquiño e a súa dona abriron este café-bar con aspecto de café clásico, na rúa de Lluis Companys. O Tropical é moi concurrido e conocido en Sant Cugat. Paquiño e o seu irmán Toño contan con varios bares nesta cidade, un leva por nome “Caldelao”. Mentres lle vou sacando as follas á alcachofa, con ganas de comerlle a parte máis tenra, e vexo o ritmo ao que se move Conchita lembro a miña infancia e xuventude nos tempos do Blanco. Tamén nós éramos chinos. Estes veciños de Sant Cugat, son veciños agora de Os Pilos, acaban de mercar a casa do seus tíos Eladio e Lurucha, e andan ilusionados coa recuperación desta vivenda que da vida ao fondo da vila.

domingo, enero 23, 2011

A emoción da ascensión

Un paseo pola lúa


A calidade das intervencións no espacio, na comarca da Garrotxa, en xeral, é moi boa. Un bo exemplo é a recuperación dun antiga canteira de grava, para os xardíns, hoxe recuperada e convertida nun parque de estética luar. É doado camiñar e ver os efectos da lava e das erupcións, aprender sobre os volcáns, tocar as pedras calcinadas, deixarse levar polas carreiriñas de esta fenda que no seu día lle meteron este volcán. En Olot ata se pode visitar un pequeno museo sobre os volcáns e participar nunha simulación dun terremoto.

sábado, enero 22, 2011

En globo, unha viaxe romántica polos volcans da Garrotxa



Con 12 grados, baixo cero, hai que estar tolo para ir a montar en globo ás oito da maña. A cousa estaba amañada fai varias semáns. O parte do tempo a decir que as temperaturas ían baixar moito cara o fin de semán, e nós a mirarnos, cas ganas que temos de subir… e agora qué… os do globo que non pasa nada, que arriba fai calor, que hoxe é un dos mellores días do ano…


Así foi como acabamos os catro subidos nun globo polos limites dos volcans de Olot, un exemplo de paisaxe volcánica, dos máis importantes de Europa. A visión lenta e cenital do volcán Croscat ou do de Santa Margarida é das paixases deste Parque Natural é excepcional e dunha fermosura que conmove. A 2000m. de altura flotar no aire e deixarse levar polas autopistas invisibeis das correntes de aire que se atopan en calquera lugar, e hai que ir tanteando ata dar con elas. Non sabes si percorrer un kilómetro che vai levar un día ou uns segundos, dí o noso piloto.

Hoxe está comarca, de extraordinaria fermosura, está ben comunicada e, pese a crisis, mostra unha vitalidade en todos os eidos. A amplia oferta de restaurantes deiquí agrupanse entorno a un invento que chamán a cociña volcánica e non paran de sorprender aos que se achegan ata esta comarca en busca de emocións.

Freamos o globo nas gaias dun carballo, logo acabamos arando unha finca de remolachas..., non hai problema, o globo está asegurado e corre cos gastos.

domingo, enero 16, 2011

sábado, enero 15, 2011

Crónica dunha viaxe rápida a Caldelas


Xa ninguén dubida de que O Castro e, en xeral o rural, vive unha crisis demasiado prolongada no tempo, que ven agravada pola crisis coyuntural actual, e mostra un panorama desalentador. Ou así é como o percibín, máis que nunca, nesta última visita, fai uns días, a miña vila, ao lugar onde nacín, e ao que nunca se debe voltar, como dí a canción de Sabina. Razóns prácticas obrigaronme a ir a este lado do transformador, onde sempre é arriscado voltar.

Xeografía humán derrotada, tendeiros, vinateiros, labregos… salvando algunhas excepcións. Os mais ocupados, os curas, tamén máis perezosos que nunca, non dan celebrado misas e enterrado xente. Dí o Mingos, que ata fan enterros pola noitiña, si, os días son curtos e non dan para nada, enterran aos falecidos pola noite, como verdadeiros proscritos. As funerarias e floristerías tamén viven o seu agosto particular nesta apocalípsis dun mundo a punto de naufragar. La Región e La Voz de Galicia, testemuñas futuras deste naufraxio do rural galego, van cargadas de esquelas. Imaxino a Outeiriño e a Santiago Rey dando saltos de ledicia.

Dixen xeografía humán… sí, a paixase e a intervención da man do home no espazo continúa a ter futuro, se non destrozamos a herdanza dos nosos devanceiros e a sorte de que o aillamento salvase a paisaxe da industrialización. O rural está de moda, a Ribeira Sacra estase convertindo nun gran atractivo para sair das cidades próximas, e as non tan próximas, Madrid cada vez está máis perto. Como un camiño de dobre dirección, un mundo naufraga e outro vaise consolidando ou saindo a flote, lástima que eses camiños non se atopen. Moitas casas abandoadas toman novo dono, o turismo de calidade, a través das súas diferentes manifestacións, vai saindo adiante.

Un exemplo de ese camiño que frorece, hai que decilo, pois correxir erros e esquecementos é de aplaudir, é a recuperación do espazo de O Prado, que está frente a Igrexa. Imaxino o leda que debe de estar a Martina, da ferretería. A fonte foi arranxada e iluminada, e coido que a obra ten calidade.

Nembargantes, si ollamos para atrás, hai moitas cousas que mudaron en positivo, ou así o quero ver eu.